Saltar ao contido principal

Posicionamiento sobre os Refuxiados



FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN


 Posicionamento diante da situación das persoas que buscan refuxio en Europa e diante das respostas e actuacións dos gobernos europeos:

As organizacións en defensa dos Dereitos Humanos levamos xa moitos anos reivindicando e denunciando a situación de conflito que viven algúns países do mundo, sobre todo, países da franxa norteafricana como é Siria e Libia por exemplo.

         Nas últimas semanas estamos vendo como miles de persoas están chegando a países de Europa en busca de refuxio. A resposta de Occidente non pode ser máis vergoñenta e hipócrita. Vemos como países, como Hungría ou Eslovenia, enchen o seu territorio de cercas con  concertinas e agreden a estas persoas con grandes doses de violencia.

          Estamos vendo tamén como países, encabezados por Alemaña, deciden tomar cartas no asunto e parecen dar repentinas mostras de solidariedade e humanitarismo, cando ata hai ben pouco actuaban con total conivencia con réximes dictatoriais, subministrando armas e realizando intervencións militares en Oriente Medio.

          O mes de setembro trouxenos o indignante espectáculo da subasta de números de persoas refuxiadas a seren acollidas polos estados da Unión €uropea, tocándolle ao Estado español a nimia cifra de 14.931 persoas.

          O Foro Galego de Inmigración non pode facer outra cousa que solidarizarse con estas persoas, que teñen pleno dereito de asilo, e esixe que se lles garantan todos os medios para que poidan chegar aos países de acollida, que se lles respecten os seus dereitos e que se lles facilite os medios para que poidan levar unha vida digna nos lugares onde se asenten. O mesmo dereito a vivir con dignidade e en paz que nos pertence a todas as persoas, nazamos onde nazamos, e que as estas mulleres, homes, nenas e nenos lles está a ser roubado. Violación de dereitos, espolio de recursos naturais e enerxéticos, infame negocio das empresas de seguridade e parafernalias armamentísticas coa dor e o sofrimento humano.

          O Foro Galego de Inmigración quere poñer enriba da mesa que a realidade das persoas refuxiadas, que de repente saltou a primeita páxina dos xornais e as cabeceiras dos informativos, non ten nada de novo. As persoas demandantes de asilo están a vivir no noso territorio e non se lles está otorgando ese dereito. Persoas que son perseguidas nos seus países de orixe e rexeitadas na fronteira de Ceuta e Melilla, recibidas con brutalidade policial e devoltas sen as mínimas garantias xurídicas e de respeito aos dereitos fundamentais.

          Non son refuxiadas, son a consecuencia máis directa e cruel do sistema terrorista no que estamos instaladas e que ten nome: Capitalismo, Imperialismo, Patriarcado. Fillas e fillos da mesma inxustiza e violencia que obrigan a millares de persoas a deixar as súas familias e comunidades de pertenza para conseguir uns medios mínimos de sobrevivencia. Persoas que  chegan ao noso territorio e son criminalizadas, negándolles a posibilidade de acceder a unha tarxeta de residencia que lles permita poder realizar o seu proxecto de vida, sinaladas en discursos mediáticos e racistas como culpábeis polo deterioro dos servizos públicos e a perda de dereitos, explotadas por un empresariado sen escrúpulos que o que fan e conseguir escravos a un baixo custe.

          Estas persoas viven todos os días co medo dunha redada policial que as deteña e leve a un CIE (Centro de Internamento de Extranxeiros) onde poden estar detidos ata 60 días esperando unha deportación que ao mellor non chega a suceder. Os CIE son Centros de Amoreamento de persoas sometidas a condicións infrahumanas, abusos e  torturas. Mulleres e homes privadas dos direitos mais elementais pelo único feito de careceren de permiso de residencia.

E se non toca regreso forsozo, o premio por haber pasado por un CIE é a abertura dun procedimento de expulsión pendente de execución. Noutras palavras, aumento da inseguranza xurídica, mais medo e sometimento.

          O Estado español, e Europa en xeral, decide acoller a refuxiadas cando por outra banda teñen contratados Voos de Deportación para expulsar a persoas que non gozan desa protección. Lembremos que o Estado español ten aprobado algo máis de doce millóns de euros para expulsar aproximandamente a quince mil persoas durante este ano e parte do seguinte. Así que nos atopamos coa demagoxia de que se aceptan a 14.931 para expulsar pola porta de atrás a 15.000 persoas.

          O Foro Galego de Inmigración quere, através deste comunicado, solidarizarse coas persoas refuxiadas, coas víctimas dunha situación de guerra global atizada polos intereses capitalistas e imperialistas, con todas as expulsadas polos efectos dunha crise de de reprodución  social e ecolóxica de enormes dimensións que están a ameazar a vida de millares de persoas en todo o mundo.

          Alegrámonos da vaga de solidariedade que está a percorrer cidades, vilas e conciencias, e confiamos en que esa mesma solidariedade poida extenderse as nosas veciñas e veciños que día  día teñen que lidiar coas medidas represivas e o racismo institucional do goberno español.

          Agora que se está a falar de cidades de asilo, comprometámonos a converter as nosas vilas e cidades en espazos de xustiza social. Deixemos de falar de humanitarismo, de interculturalidade, enquanto sexa preciso seguir denunciando o racismo, a represión, o neocolonialismo e o espolio.

          Comprometámonos a derrubar a división social alimentada por un capitalismo voraz que se beneficia da competición por unhas poucas migallas mentres unhas poucas acapran todo. Somente desmontando os dispositivos que alimentam um sistema gerador de desigualdade e violencia a nivel global, poderemos construir un mundo onde non existan fronteiras para disfrutar dunha vida digna e plena.

NINGUNHA PERSOA É ILEGAL!

FREEMOS A REPRESIÓN ÁS MIGRANTES, PAREMOS OS VOOS DE DEPORTACIÓNS