A/A. socias/os, amigos/as:
A Marcha Mundial das Mulleres Ferrolterra organiza en Narón o vindeiro sábado 5 de outubro unha xornada de traballo - aberto a todas e todos - co título: "FEMINISMO EN OBRAS".
O Programa e a ficha de inscripción está no seguinte enlace:
Desde a nosa Asociación Cultural Fuco Buxán, integrante da Marcha Mundial das Mulleres, consideramos moi interesante a participación nesta xornada, na situación actual de retroceso e desmantelamento dos dereitos de igualdade que con tanto esforzo víñanse conseguindo.
Animamos a socias e socios amigos e amigas a inscribirse e participar activamente neste encontro.