Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 154 "LNG River Niger" o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca CONCENTRACIÓN:
Sábado 21 de setembro, ás 20 horas en el Muelle de Curuxeiras – Ferrol.
Características do buque:
Nome.- LNG River Niger, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 288 m, Manga.- 48 m, Puntal.- 62 m, Calado.- 12.3 m, Capacidade.- 141.000 m³ de GNL
PLANTA DE GAS: PECHE XA !
Petición de axuda económica
Estimados simpatizantes coa causa contra Reganosa:
En
febreiro de 2007, con motivo do entón inminente pago de tres informes
periciais que eran fundamentais para poder continuar con algúns dos
procesos xudiciais que tiñamos en marcha, fixemos unha solicitude
extraordinaria de apoio económico, que tivo unha resposta
extraordinaria.
Como
sabedes desde hai 12 anos contamos coa inestimable colaboración
totalmente gratuíta de varios avogados, en Ferrol, Coruña e sobre todo
en Madrid, que nos permitiron poder iniciar e continuar os procesos
xudiciais contra as diferentes fases de aprobacións da planta de gas sen
que isto supuxésenos maior gasto económico que o pago aos procuradores,
de moita menor contía que o que serían as minutas dos avogados.
Coa
nova lei de taxas 10/2012 de 20 de novembro, cambiou totalmente o
panorama. Agora, para poder iniciar cada nova fase dun procedemento hai
que pagar por adiantado unhas taxas. O importe das mesmas vai en función
da fase de procedemento. Para unha interposición de recurso contencioso
administrativo hai que ingresar 350 € máis un tanto por cento (0,5 % ó
0,25 % ) do valor da contía fixada polo xulgado para cada caso. Para un
recurso de apelación, 800 € máis a porcentaxe, para un recurso de
casación, 1.200 € máis a porcentaxe.
Como
case todos os procesos están en fase de recurso de casación, a
consecuencia de todo isto é que desde a publicación da lei de taxas, en
outubro de 2012, aparte doutros gastos empregados noutros temas (axuda
aos gastos de defensa de mariscadores , mensaxes de avisos de entradas
de gaseiros, fotocopias de carteis, documentación, etc.) fixemos fronte a
7.076 €, que pagamos cos fondos acumulados de lotarías e outros actos
festivos destes cinco últimos anos. Pero coas taxas tocamos fondo e necesitamos unha achega extra para poder continuar os procesos pendentes:
Contra a autorización administrativa previa, a de construción, á acta
de posta en servizo, plan de emerxencia e verteduras. Á parte de
insistir na solicitude de execución da sentenza do Supremo sobre a
modificación puntual do concello de Mugardos que socava os cimentos de
toda a estrutura montada para lograr as autorizacións da planta.
Ademais
nalgúns fallos de sentenzas (caso recente do de verteduras)
condenáronnos a costas que supuxeron 1.200 € por parte dos avogados que
representaban á Xunta e queda pendente de confirmar a parte solicitada
por Reganosa, que se recorreu por consideralo excesiva e
desproporcionada respecto do solicitado pola Xunta.
É
difícil poder concretar unha cantidade media a achegar, porque sempre
vai depender das situacións económicas de cada un. Barállanse cifras
orientativas duns 150 a 300 euros por asociación e de 20 a 40 euros (ou
máis se se pode) por persoa a título individual para cubrir unha cifra
próxima a os 7.000 euros que se estima son necesarios de forma máis
inmediata.
Agradecemos
a vosa colaboración e apoio de sempre e sinalamos a continuación o
enderezo da conta bancaria onde se poden ingresar as aportacións.
¡ PLANTA DE GAS, PECHE XÁ !
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995