Saltar ao contido principal

O Drama dos Desafiuzamentos



En Granada aforcouse un home no patio da súa casa pouco antes de ca policía chegara para proceder ao desafiuzamento. PUBLICO O Poder Xudicial, non asume o informe que propón revisar os desafiuzamentos, elaborado por sete xuíces a petición súa. EL PAIS
 
Mañá ás 11:00 h.terá lugar o intento por parte das autoridades do desaloxo dunha vivenda, nesta viven unha parella e a súa filla de 8 anos de idade. A vivenda ocúpana en réxime de aluguer, pero debido á grave situación económica que están a atravesar e ante a imposibilidade de facer fronte ao pagamento o xuíz decretou o desafiuzamento destes. Hai que incidir que esta nena de 8 anos, padece unha enfermidade moi grave que require dun tratamento médico que os seus pais a duras penas poden custear. A parella na actualidade percibe de servizos sociais a mísera cantidade duns 180 euros, o que lles imposibilita facer fronte a calquera pagamento. Agardamos contar mañá coa solidariedade d@s cidadáns de Ferrol para poñer fin a esta barbarie, e instar ao Alcalde de Ferrol, Sr Rey Varela, que poña en funcionamento un parque de vivendas sociais para poder paliar este tipo de casos, recordemos que actualmente o Concello ten en propiedade varias vivendas baleiras no barrio de Recimíl. 

A dirección desta familia é na Rúa do Choupo n.º 4 1 ºD (vivendas sindicais de San Pablo-Catabois) Ferrol.
 Se estás ameazado de desafiuzamento contacta con nós: fucobuxan@yahoo.es