Saltar ao contido principal

COMUNICADO A CIDADANÍA firmado por varias Asociacións de Ferrolterra



Escrito firmado por Asociación Memoria Histórica Democrática, Asociación Cultural Muinho do Vento, Asociación Cultural Lefre de Caldereta, e Asociación Cultural Fuco Buxán: As asociacións abaixo firmantes, polo presente comunicado facemos un chamamento á veciñanza de Ferrolterra, para que o próximo 21 de outubro acudan a votar para frear as nefastas politicas de recortes impulsadas polo goberno do PP, que xeran máis pobreza, desmantelan o Estado do Benestar e afastan a saida da crise. A cidadanía debe mobilizarse fronte a estas políticas regresivas, que supoñen, no político, un atentado sistemático contra o réxime de liberdades democráticas, en un proceso de involución de corte abertamente fascista. No terreo económico, é urxente e imprescindible acadar unha moratoria no pago da Débeda ata consolidar a recuperación. Facemos pública a necesidade de apoiar electoralmente aos partidos que combaten ás políticas neoliberais, que garanten entre outras as seguintes demandas:
1.- Realizar unha auditoria sobre a débeda pública. Renegociar a súa devolución e suspensión do pago ate que a economia, volte ao crecemento e o emprego. 2.- Reforma fiscal que inclúa un aumento dos impostos ás grandes fortunas. 3.- Creación de un Banco Público Galego. Esixencia de responsabilidades aos xestores corruptos. Devolución dos aforros captados polas preferentes. 4.- Carga de traballo que garante ao sector naval galego. Levantamento do veto pola UE á construcción naval de carácter civil. 5.- Plan de marisqueo para a Ría de Ferrol; acelerar a posta en funcionamento do sistema de depuración integral e paralización das actividades de REGANOSA en aplicación da sentenza do Tribunal Supremo. Restitución da protección costeira en todo o País. Ademais, e de xeito inmediato pola súa carácter de urxencia, debense articular medidas para: a) paralizar os indiscriminados desafiuzamentos de vivendas por non pagamento de hipotecas, restablecendo o dereito dos desafiuzados dende o comezo da crise. b) restituir os dereitos sanitarios dos inmigrantes e colectivos de risco. c) Plan de emerxencia para os colectivos mais afectados pola crise. Ferrol, 16 de outubro de 2012 Asociación Memoria Histórica Democrática, Asociación Cultural Muinho do Vento, Asociación Cultural Lefre de Caldereta, Asociación Cultural Fuco Buxán.