Iniciada a campaña europea da Marcha Mundial das Mulleres, o pasado 4 de outubro, co lema "A DÉBEDA DOS GOBERNOS É COAS MULLERES, NON COS BANCOS", o próximo mércores 17 de outubro, marcharemos por unha vida digna e sostíbel.
Convidamos á sociedade de Ferrolterra, a estar coa MMM, nunha acción reivindicativa en defensa dos dereitos das mulleres que coa escusa da crise económica nos queren arrebatar.
Diremos NON ó capitalismo cruel que acumula as riquezas en mans dos poderosos, a través dun ROTEIRO, polo centro de Ferrol, parándonos nas principais entidades financeiras da cidade e berrando consignas como "os bancos saquean as nosas vidas e rouban os nosos dereitos".
Este roteiro comezará ás 17:30 horas, na rúa Rubalcava, diante do Banesto.