Saltar ao contido principal

Publicacións

Exposición Venta Artistas Solidarios co Ateneo. Do 16 ao 30 de xullo no "Bar Sevilla"

Exposición Venta Artistas Solidarios co Ateneo  do 16 ao 30 de xullo no "Bar Sevilla" ( Galiano nº 20, Ferrol ) Poderás adquirir obras de artistas solidarios co Ateneo Ferrolán  e así colaborar con esta entidade centenaria como: Alfonso Costa, Anxo Alvarez, Carlos Pereira Martínez, Carmen Martín, Carolina Martínez, Celestino Poza, Delio Sánchez, Edu Pereira, Inma Doval, Luis Rapela, María Piensos, M.ª Luisa Rojo-Novais, María Leal, Pedro Perico, Raquel Castro, Rosa Guisán, Spela Trobec, e Xaquín Marin. Ademáis haberá unha Sesión Vermú na inauguración  o sábado 16 ás 13 h . amenizada polo grupo "A culpa foi de Lolo"   e na clausura o sábado 30 de xullo un acto de poesía e música .

O Supremo anula o Plan de Emerxencia de REGANOSA. O CCE recurre ante o T.Supremo o acordo do Goberno eximindo a REGANOSA da Evaluación de Impacto Ambiental

Estamos de noraboa: o  Comité Cidadán de Emerxencia , a través dunha publicación na súa web acaba de facer saber que o Tribunal Supremo , mediante sentenza 1966/2016 de 26 de xullo cte., anula o Plan de Emerxencia Exterior de REGANOSA , que fora aprobado por RD 144/2007 e recorrido pola Plataforma de Veciños “O Cruceiro” de Mehá. Pode accederse a esta nova, e á sentencia íntegra na seguinte ligazón: Comité Cidadán de Emerxencia - O Supremo anula o Plan de Emerxencia de REGANOSA Por certo, queremos resaltar -tal e como o fai Ártabra21 - que xa son catro as Sentenzas que condenan a Reganosa: O Tribunal Supremo anula en sentenza firme, o Plan de Emerxencia Exterior da planta de gas de Punta Promontoiro e os decretos da Xunta de Galicia que o aprobaron --- Por outra banda, o Comité Cidadán de Emerxencia tamén fixo público que o pasado día 26 de xullo , a Asesoría Xurídica deste Comité Cidadán de Emerxencia presentou, ante o Tribunal Supremo , Recurso Contencioso Adm...

40 asociacións denuncian a chegada de GNL obtido mediante fracking e apoian mobilización do CCE

O Comité Cidadán de Emerxencia acaba de publicar un artigo no que fai referencia á chegada estes días do primeiro barco cargado con GNL extraído por fracking a España, e dun comunicado que, apropósito deste suceso, suscriben 40 organizacións denunciándoo, e solidarizándose co Comité Cidadán de Emerxencia na súa labor. Foto - http://www.electricradiatorsdirect.co.uk/ - http://bit.ly/2a0tEPw Podedes acceder ao artigo completo na seguinte ligazón:  40 plataformas cidadás e organizacións denuncian a chegada ao estado español do primeiro cargamento de gas de fracking estadounidense, e mostran o seu apoio á convocatoria do CCE en Ferrol. Tamén aproveitamos para lembrar que hoxe venres 22 de xullo ás 20h , terá lugar en Ferrol, na Praza de Amada García (diante do edificio da Xunta) a concentración contra a entrada deste gaseiro que fai xa o número 213 . Agardámosvos aló! Planta de gas, PECHE XA!

Comité Cidadán de Emerxencia - Concentración por entrada do gaseiro nº 213 en Reganosa o venres 22 de xullo ás 20h

Prevista a entrada na Ría do Gaseiro nº 213 , cargado con GNL para REGANOSA , o Comité Cidadán de Emerxencia , convoca: CONCENTRACIÓN Venres, 22 de Xullo, ás 20 hs diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol) O gas que transporte este buque procede de U.S.A. e foi obtido aplicando a técnica de fracking, procedemento como se sabe moi cuestionado polo seu importante efecto contaminante sobre a superficie, a atmósfera, os acuíferos, acústica, a súa propensión a desencadenar actividades sísmica e de radiación e con efectos nocivos para a saúde dos seres vivos. Características do buque: Nome: Sestao Knutsen, bandera: España, eslora:  284 m, manga:  43 m, calado: 11,6 m, capacidade: 135.000 m3 PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ! Publicación orixinal:  https://cociudem.wordpress.com/2016/07/20/concentracion-por-entrada-gaseiro-no-213/

SOS Sanidade Pública - Campaña de crowdfunding para os gastos legais da denuncia contra financiamento e xestión do Novo Hospital de Vigo

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública presentou, no nome de SOS Sanidade Pública , o pasado setembro unha denuncia ante a Comisión Europea contra a adxudicación do financiamento e xestión do Novo Hospital de Vigo a unha Concesionaria privada con fortes ligazóns co PP e a Xunta de Galicia . A denuncia se fundamentaba na utilización indebida da figura legal de Concesión de Obra Pública para non dar explicacións; os recortes do Proxecto Funcional para abaratar custos ás empresas adxudicatarias; o financiamento do proxecto polo SERGAS mediante un crédito do Banco Europeo de Investimentos pese a que este debería ser cuberto pola Concesionaria; e a vulneración da lexislación da UE para ocultar o endebedamento público pola construción do hospital. Foto : Economía Dixital - http://bit.ly/2a9d3v0 A Comisión Europea admitiu a demanda e abriu un proceso de investigación que pode acabar na apertura dun procedemento de infracción e o rescate da concesión sen indemnizar á...

Senra alerta á Comisión Europea da vulneración legal implícita na autorización de Reganosa forzada polo PP

O Comité Cidadán de Emerxencia publica no seu blog un comunicado do GUE/NGL (grupo europarlamentar Esquerda Unitaria Europea - Esquera Verde Nórdica) do cal forma parte AGE . Neste comunicado redactado pola europarlamentaria Lidia Senra , informa que denunciarion "na CE que o PP teima en favorecer unha instalación perigosa para a poboación declarada "ilegal" até en dúas ocasións polo Tribunal Supremo" , apuntando "a urxencia de reverter esta aprobación, por carecer de avaliación de impacto e non ter sido sometida a consulta pública" , tal e como obriga a lexislación europea. Para máis información: Comité Cidadán de Emerxencia - Lidia Senra alerta á C E da vulneración legal implícita na autorización de Reganosa forzada polo PP

En lembranza de Agustín Fernández Paz (1947 - 2016)

O pasado martes 12 de xullo tivemos noticia do falecemento do escritor Agustín Fernández Paz . Se ben, era coñecido por ser un prolífico e recoñecido autor de literatura infantil e xuvenil, e gran defensor da lingua, nos queremos lembralo tamén como bo amigo da nosa asociación, e como home comprometido. Aló polo ano 2007, e tras as brutais cargas policiais contra as persoas que protestaban pola apertura de Reganosa e a entrada do primeiro gaseiro, foi dos primeiros persoeiros en comprometer a súa presenza na manifestación que tería lugar en Ferrol o 3 de xuño solicitando a liberdade de Bernardo Bastida ( 3 de Junio, Manifestación a las 12h Puerto de Ferrol (Seguimos sumando apoyos…) ). Tamén tivemos o grandísimo honor de que fose él quen fixese a presentación en Vigo, o 18 de setembro de 2012, do libro O latexo da vida e da conciencia. Memorias colectivas de Rafael Pillado , un feito que lembraba na súa páxina web nunha publicación que titulou Era inverno cruel de chumbo e morte . ...