Saltar ao contido principal

40 asociacións denuncian a chegada de GNL obtido mediante fracking e apoian mobilización do CCE

O Comité Cidadán de Emerxencia acaba de publicar un artigo no que fai referencia á chegada estes días do primeiro barco cargado con GNL extraído por fracking a España, e dun comunicado que, apropósito deste suceso, suscriben 40 organizacións denunciándoo, e solidarizándose co Comité Cidadán de Emerxencia na súa labor.

Foto - http://www.electricradiatorsdirect.co.uk/ - http://bit.ly/2a0tEPw

Podedes acceder ao artigo completo na seguinte ligazón: 40 plataformas cidadás e organizacións denuncian a chegada ao estado español do primeiro cargamento de gas de fracking estadounidense, e mostran o seu apoio á convocatoria do CCE en Ferrol.

Tamén aproveitamos para lembrar que hoxe venres 22 de xullo ás 20h, terá lugar en Ferrol, na Praza de Amada García (diante do edificio da Xunta) a concentración contra a entrada deste gaseiro que fai xa o número 213.

Agardámosvos aló! Planta de gas, PECHE XA!