Saltar ao contido principal

Senra alerta á Comisión Europea da vulneración legal implícita na autorización de Reganosa forzada polo PP

O Comité Cidadán de Emerxencia publica no seu blog un comunicado do GUE/NGL (grupo europarlamentar Esquerda Unitaria Europea - Esquera Verde Nórdica) do cal forma parte AGE. Neste comunicado redactado pola europarlamentaria Lidia Senra, informa que denunciarion "na CE que o PP teima en favorecer unha instalación perigosa para a poboación declarada "ilegal" até en dúas ocasións polo Tribunal Supremo", apuntando "a urxencia de reverter esta aprobación, por carecer de avaliación de impacto e non ter sido sometida a consulta pública", tal e como obriga a lexislación europea.

Para máis información:
Comité Cidadán de Emerxencia - Lidia Senra alerta á C E da vulneración legal implícita na autorización de Reganosa forzada polo PP