Saltar ao contido principal

En lembranza de Agustín Fernández Paz (1947 - 2016)

O pasado martes 12 de xullo tivemos noticia do falecemento do escritor Agustín Fernández Paz. Se ben, era coñecido por ser un prolífico e recoñecido autor de literatura infantil e xuvenil, e gran defensor da lingua, nos queremos lembralo tamén como bo amigo da nosa asociación, e como home comprometido. Aló polo ano 2007, e tras as brutais cargas policiais contra as persoas que protestaban pola apertura de Reganosa e a entrada do primeiro gaseiro, foi dos primeiros persoeiros en comprometer a súa presenza na manifestación que tería lugar en Ferrol o 3 de xuño solicitando a liberdade de Bernardo Bastida (3 de Junio, Manifestación a las 12h Puerto de Ferrol (Seguimos sumando apoyos…) ). Tamén tivemos o grandísimo honor de que fose él quen fixese a presentación en Vigo, o 18 de setembro de 2012, do libro O latexo da vida e da conciencia. Memorias colectivas de Rafael Pillado, un feito que lembraba na súa páxina web nunha publicación que titulou Era inverno cruel de chumbo e morte.



Non so queremos aproveitar esta pequena nota para lamentar a súa perda, e trasladar o noso máis sentido pésame aos seus achegados, senón para dar vida á lembranza que del gardamos na nosa asociación; lembranza que, mentres perdure, él perdurará nela.