Saltar ao contido principal

Publicacións

Actos 10 de Marzo [Día da Clase Obreira Galega]

    A nosa asociación estará presente nos vindeiros actos institucionais de homenaxe ás vítimas do 72 Daniel Niebla e Amador Rey e anima a toda a cidadanía a acudir aos actos convocados. Así mesmo, a nosa asociación estivo a traballar para que se lograse unha moción no concello que concedese unha rúa ao histórico Julio Aneiros, algo que xa é unha realidade, unha realidade necesaria para poñer en valor a figura de Julio Aneiros. Agradecer ao grupo de goberno do concello de Ferrol, todo o seu esforzo para que esta iniciativa saíse adiante. Ofrenda floral será ás 11:00 horas, como sempre no monumento conmemorativo do “10 de Marzo” sito no barrio de Recimil. Inauguración da rúa Julio Aneiros no Polígono do Bertón ás 12:00 horas .  ===================   A CIG convoca mobilizacións o 10 de marzo baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!” Seixo cualifica o goberno do PP de “incompetente e considera “insultante” que intente agochar a real...

10 de Marzo: O crime foi en Ferrol, ... Por Rafael Pillado

10 DE MARZO: O CRIME FOI EN FERROL O CRIME Víuse, camiñando entre fusís, por unha rúa longa, saír ao campo frío, aínda coas estrelas, da madrugada. Mataron a Federico cando a luz asomaba. O pelotón de verdugos non ousou mirarlle a cara. (Antonio Machado, O crime foi en Granada) E chegou o ano 72, clave na Historia da Clase Obreira Galega. As medidas represivas tomadas a finais do 70 e 71 deron lugar a unha constante mobilización pola posta en liberdade de dirixentes políticos e sindicais. A amnistía aparecía xa como unha reivindicación pública, ligada á esixencia de Democracia. Unha das iniciativas que se tomou en varios lugares de España, era a creación de " comisións anti-represivas ", buscando a participación e arroupe doutros sectores sociais e outras sensibilidades políticas. Un destes colectivos xa viña participando activamente desde había anos; refírome aos curas progresistas, cuxo compromiso na loita polas liberdades non me cansarei de valorar. En...

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES "CONSTRUÍNDO FEMINISMO, DESTRUÍNDO CAPITALISMO"

8 DE MARZO DÍA INTERANCIONAL DAS MULLERES CONSTRUÍNDO FEMINISMO, DESTRUÍNDO CAPITALISMO Nós, as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres seguimos traballando na construción doutro mundo posible, reafirmándonos na resistencia, o enfrontamento e a construción de alternativas ao actual modelo patriarcal, capitalista, racista, lesbofóbico e colonial, construíndo e  actualizando o feminismo como un proxecto que garante a igualdade entre todas as mulleres, nunha sociedade de homes e mulleres libres e iguais, sen opresións étnicas, relixiosas e con libre exercicio da nosa sexualidade. No momento actual, no que asistimos a unha forte reestruturación do capitalismo para manter a súa máxima de explotación e opresión, reforzado pola privatización dos servizos, espazos e bens públicos, incluíndo na lóxica dos mercados todo o que podería ser comercializado, faise visible, unha vez máis, o sistema hexemónico no que vivimos, baseado nun modelo de crecemento ilimitado impos...

Audio e Resumo Fotográfico da Conferencia de Juan Carlos Monedero en Ferrol

Audio e Reportaxe fotográfico da Conferencia de Juán Carlos Monedero Fernández, o pasado venres día 4 de marzo de 2016 no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol: Audio da Conferencia "Democracia alegre contra el miedo triste" de Juán Carlos Monedero [Ciclo Democracia e Compromiso]:   http://www.ivoox.com/conferencia-democracia-alegre-contra-miedo-triste-de-audios-mp3_rf_10680591_1.html A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do ciclo DEMOCRACIA E COMPROMISO que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá. A Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo, que baixo o título xenérico, DEMOCRACIA E COMPROMISO , pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas. CIC...