Audio e Reportaxe fotográfico da Conferencia de Juán Carlos Monedero Fernández, o pasado venres día 4 de marzo de 2016 no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol:
Audio da Conferencia "Democracia alegre contra el miedo triste" de Juán Carlos Monedero [Ciclo Democracia e Compromiso]: http://www.ivoox.com/conferencia-democracia-alegre-contra-miedo-triste-de-audios-mp3_rf_10680591_1.html
A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do ciclo DEMOCRACIA E COMPROMISO
que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e
necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá.
A Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo, que baixo o título xenérico, DEMOCRACIA E COMPROMISO,
pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda
crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e
convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende
perspectivas diversas.