AGAMME - Campaña de apoio á denuncia presentada ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre maltrato a menores
Compartimos con vos a seguinte campaña que están a promover dende AGAMME para apoiar e impulsar unha denuncia admitida a trámite pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre maltrato a menores:
Estimadas compañeiras:
Hai un ano tres entidades (AGAMME, Rede Veciñal de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo e Grupo de investigación “Antígona” da UAB) presentamos unha demanda perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo denunciando o sesgo machista presente nos xulgados españois e como este feito afecta ás mulleres, nenos e nenas vítimas. Axunto enviámosvos o texto completo.
En maio a Comisión informounos de que fora aceptada a trámite e dirixida á Comisión de Xustiza e Liberdades Civís e á de Igualdade e Violencia contra a Muller. Actualmente a Comisión de Peticións está a realizar un informe preliminar que determinará o peche do expediente ou a apertura dun proceso de investigación máis a fondo.
Pedímosvos a vosa colaboración a través dalgunha das seguintes vías para que sexamos máis entidades, profesionais, afectadas,… quen denunciamos esta realidade e facer máis presión para conseguir que sexa investigado o que tantas entidades vimos demandando ante diferentes instancias:
A) Que apoiedes a nosa petición a través do enlace electrónico:
https://petiport.secure.europarl.europa.eu/petitions/es/registration/form
No outro axunto achegamos unha breve instrucción de como facelo.
B) Que presentedes demandas no mesmo senso perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo a través do enlace electrónico:
https://petiport.secure.europarl.europa.eu/petitions/es/main
Ámbolos dous trámites poden ser realizados por persoas a nome particular (profesionais, persoas afectadas, etc.) ou entidades.
Para calquera dúbida estamos á vosa disposición. Por favor, difundide esta mensaxe entre os vosos contactos.
Saúde

Estrela Gómez Viñas, Coordinadora de AGAMME
Podedes descargar o documento completo coa petición na seguinte ligazón: http://bit.ly/2gXfjuk
Podedes consultar as instrucións para apoiar a petición na seguinte ligazón: http://bit.ly/2g93ZqY