COMUNICADO URXENTE de Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio Ante o Xenocidio do Pobo Palestino Dirixido a toda a cidadanía e en especial ás organizacións da rede Acampa , aos partidos políticos, sindicatos, ONGs e asociacións de todo tipo e actividade. A cidadanía non pode soportar por máis tempo o que está a suceder en Palestina , especialmente en Gaza . A sociedade estase a mobilizar por todas partes e de todas as formas posibles, pero aínda así os gobernos , que teñen a capacidade de exercer a presión necesaria, seguen plegados aos intereses xenocidas de Israel contra a vontade mesma das súas poboacións. Chegou o momento de dar unha inmensa RESPOSTA UNITARIA . Todas e todos xuntos temos a obriga de parar este sufrimento insoportable. Desde a UNIDADE máis absoluta por unha vez, é tempo de tomar as rúas coa bandeira dos DDHH que, neste momento da historia, está máis...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."