Saltar ao contido principal

Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio

   

COMUNICADO URXENTE de
Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio
Ante o Xenocidio do Pobo Palestino


Dirixido a toda a cidadanía e en especial ás organizacións da rede Acampa, aos partidos políticos, sindicatos, ONGs e asociacións de todo tipo e actividade.

A cidadanía non pode soportar por máis tempo o que está a suceder en Palestina, especialmente en Gaza.

A sociedade estase a mobilizar por todas partes e de todas as formas posibles, pero aínda así os gobernos, que teñen a capacidade de exercer a presión necesaria, seguen plegados aos intereses xenocidas de Israel contra a vontade mesma das súas poboacións.

Chegou o momento de dar unha inmensa RESPOSTA UNITARIA. Todas e todos xuntos temos a obriga de parar este sufrimento insoportable. Desde a UNIDADE máis absoluta por unha vez, é tempo de tomar as rúas coa bandeira dos DDHH que, neste momento da historia, está máis que representada na bandeira palestina.

A estratexia de exterminio do pobo palestino avanza como un laboratorio de impunidade, como un test de valoración da capacidade de resposta da humanidade, para aplicar a mesma receita noutros territorios.

Se perdemos Gaza, se permitimos o exterminio do pobo palestino, renunciamos á idea de que os Dereitos Humanos son un valor internacional que debe ser defendido e respectado. Rearmemos os DDHH e que a Corte Penal Internacional xulgue por crimes de guerra aos responsables da barbarie.

O MOVEMENTO SOCIAL TOMA A INICIATIVA. A CIDADANÍA É QUEN E MESMO A ÚNICA CAPAZ DE PARALO.

 

ANIMÁMOSVOS A TOMAR A RÚA TODAS E TODOS XUNTOS.

PARTICIPADE NAS CONVOCATORIAS DAS VOSAS CIDADES.

TRABALLADE POLA CONFLUENCIA DA FORZA CÍVICA.


UNIDADE POR PALESTINA.
UNIDADE POLO FUTURO DA HUMANIDADE.



Unha aperta.
Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio