Saltar ao contido principal

ACTIVACIÓN DE ALERTA NO CASO DE INTERCEPTACIÓN DA FLOTILLA

 



gstggaliza@riseup.net

Adjuntoslun, 22 sept, 23:37 (hace 37 minutos)
para
Estimadas compañeiras, estimados compañeiros:

Como ben sabedes, a Flotilla Global Sumud navega na súa misión de abrir
un corredor humanitario en Gaza, desafiar o asedio ilegal e denunciar o
xenocidio que está a sufrir o pobo palestino. Desde a súa saída dos
portos de Tunes e Sicilia, atópanse en augas internacionais rumbo ás
costas de Gaza e, polo tanto, esta semana entramos nun período crítico
de alerta e vixilancia.

Por todo isto, poñémonos en contacto con vós para informarvos dos pasos
a seguir, establecidos polo Movemento Global para Gaza – Galiza.

No caso de ataque ou intercepción, activaremos, en coordinación coa
organización global, as seguintes medidas:

1. Activaremos a alerta vermella e, en canto sexa oficial, daremos aviso
aos medios e convocaremos unha rolda de prensa en Compostela, ás 11.00
horas do día indicado, para facer público o sucedido e informar das
accións previstas. Aproveitamos este correo para convidar tamén ás
colectivas afíns e solidarias a asistir a esa rolda de prensa e
acompañar coa súa presenza.

2. Tal e como se indicou no correo anterior, desde o Movemento Global
para Gaza – Galiza activaremos a rede de pronta resposta da que facedes
parte.

3. Lembramos que existe unha proposta de cartel unitario na Galiza, que
podedes editar e ter preparado, por prevención, co lugar e a hora
correspondentes. Cando avisemos da activación da resposta solidaria,
editaremos o cartaz xeral con todas as mobilizacións e todos os datos.

4. Respecto do noso logotipo: no cartel anterior achegamos un modelo en
baixa calidade. Pedimos desculpas por non ter enviado antes a versión
actualizada, que podedes descargar no enlace de cryptpad xunto coa
proposta de cartel.

Da nosa parte, cando vaiamos recibindo resposta e confirmación das
mobilizacións manteremos actualizado o cartel coas localidades, lugar e
data, para publicalo coa data correspondente cando sexa o momento.
Recomendamos notificar con urxencia as convocatorias para podermos dar
resposta coa maior brevidade posíbel.

Sen máis, quedamos á vosa disposición para o que precisedes.

Un saúdo solidario,

Movemento Global Para Gaza – Galiza


No enlace ao cryptpad seguimos actualizando
https://cryptpad.fr/drive/#/2/drive/view/3U2MVnBrO841QdzvcZB7jI1vhnkkWKgfTDcbgpEFfpc/