Xosé María Dobarro Recordo ben, moi ben, a noite do día en que se celebrou o referendo da permanencia de España na OTAN: 12 de marzo de 1986. E recórdoo porque foi un día triste, moi triste, e eses días de tristura adoito lembralos mellor que os alegres. Non sei se será rareza, mais así é. O radical cambio de postura do PSOE –o slogan “OTAN de entrada NO” transformárase nun “vota SI. En interés de España”– era evidente que ía mobilizar xente abonda a favor do voto afirmativo, alterando, obviamente, o resultado que, máis que posiblemente, era previsible con anterioridade a esa deriva. Mais, unha semana antes da cita coas urnas tivo lugar un sorpresivo acontecemento: a presenza de José María García na TVE -a única existente na altura- pedindo o voto Si para a permanencia na OTAN, bélica organización na que, vía parlamentaria, metera a España o goberno da UCD presidido por Calvo Sotelo. Daquela, Mercedes Milá presentaba Jueves a jueves, un programa semanal que contaba con nume...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."