Saltar ao contido principal

Comunicado da A.C. Memoria Histórica Democrática. MOCIÓN SOBRE O SKATEPARK DE CANIDO. No próximo Pleno do Concello de Ferrol que se celebrará o xoves 26, a partir das 10 h., preséntase unha Moción do Grupo Municipal Socialista discrepando sobre a localización do Skate Park, no Parque Antón Varela, de Canido. A nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática encabezou un comunicado feito público o pasado día 11 e apoiado polas Asociacións Ateneo Ferrolán, Fuco Buxán e López Bouza, así como varios historiadores e investigadores, manifestando que ese lugar elixido pola Xunta de Goberno Municipal non é o adecuado pola súa inmediatez ao Memorial ás Vítimas do franquismo e á Igrexa de San Rosendo e Instituto situado no que foi antigo Cemiterio, espazos para os que está solicitada ao Goberno de España a Declaración de Lugar da Memoria Democrática. Nese pleno, en representación da nosa Asociación e dos asinantes do comunicado citado, intervirá o noso compañeiro de Directiva Juan Manuel Galán Suárez. O Pleno é de entrada pública e todas as persoas interesadas en asistir poden acompañarnos.

 Comunicado da A.C. Memoria Histórica Democrática.

MOCIÓN SOBRE O SKATEPARK DE CANIDO.

No próximo Pleno do Concello de Ferrol que se celebrará o xoves 26, a partir das 10 h., preséntase unha Moción do Grupo Municipal Socialista discrepando sobre a localización do Skate Park, no Parque Antón Varela, de Canido.

A nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática encabezou un comunicado feito público o pasado día 11  e apoiado polas Asociacións  Ateneo Ferrolán, Fuco Buxán e López Bouza, así como varios historiadores e investigadores, manifestando que ese lugar elixido pola Xunta de Goberno Municipal non é o adecuado pola súa inmediatez ao Memorial ás Vítimas do franquismo  e á  Igrexa de San Rosendo e Instituto situado no que foi antigo Cemiterio, espazos para os que está solicitada ao Goberno de España a Declaración de Lugar da Memoria Democrática. 

Nese pleno, en representación da nosa Asociación e dos asinantes do comunicado citado, intervirá o noso compañeiro de Directiva Juan Manuel Galán Suárez.

O Pleno é de entrada pública e todas as persoas interesadas en asistir poden acompañarnos.