[eolicaasinon] Próxima reunión da Coordinadora Eólica Así Non: martes, 6 setembro, ás 19:30 horas
| sáb, 20 ago, 11:59 (hace 2 días) | |||
Saúdos a todos/as! Agardo que puiderades gozar dalgún tempo de descanso...
Retomamos o contacto co gallo de dar cumprimento ao acordo adoptado na última xuntanza de convocar a reunión á volta das vacacións na primeira quincena de setembro, propoñemos celebrala o vindeiro martes, 6 de setembro, ás 19:30 horas, en sesión telemática:
Unirse a la reunión Zoom
https://us02web.zoom.us/j/
ID de reunión: 818 3727 9702
Código de acceso: 968173
O obxectivo da xuntanza será revisar a folla de ruta a acordada pola Coordinadora Eólica Así Non para os vindeiros meses e comezar a darlle curso. Propoñemos a seguinte ORDE DO DÍA:
1. Revisión folla de ruta
2. Viaxe a Bruxelas
3. Xornadas
4. Varios
Se quixerades levar algún asunto á maiores a esta xuntanza, prego o indiquedes para incluílo na orde do día.
Abaixo, poderedes consultar a acta da última xuntanza.
Agradécese confirmación de asistencia.
Moitas grazas.
Belén
COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON
-------- Mensaje Original --------
Asunto: | Acta e resumo acordos Eólica Así Non 21.06.22: Accións futuras despois da manifa 5X |
---|---|
Fecha: | 23-06-2022 19:19 |
De: | ADEGA-Organizacion <organizacion@adega.gal> |
Destinatario: | eolicaasinon@lists.riseup.net |
Saúdos! A través deste correo, compartimos a Acta da xuntanza da Coordinadora Eólica Así Non, celebrada o pasado 21 de xuño de 2022, vía telemática, así como o programa de accións acordadas para os vindeiros meses, despois da exitosa manifestación do 5 de xuño.
Aproveitamos para agradecervos encarecidamente a vosa participación dentro deste movemento e, especialmente, na manifestación do pasado 5 de xuño, na que volvemos demostrar que seguimos mantendo as forzas, non só para denunciar a actual invasión eólica que está a destruír o país, senón tamén para facer unha proposta alternativa ao modelo enerxético, máis xusta e sustentábel, ademais de coherente e consensuada por colectivos de moi diferente índole. Estamos no bo camiño, e o camiño continúa!
Seguimos contando contigo!
RESUMO ACORDOS:
1. VALORACIÓN MANIFESTACIÓN
En xeral, os aspectos positivos: a participación en conxunto, o contacto presencial, o mérito de conseguir manter a tensión e acadar consenso entre os diferentes colectivos da coordinadora. Tivo maior repercusión en prensa que o ano pasado. Manifestantes con perfil non habitual. Considérase necesario seguir mobilizando a sociedade por esta causa no Día do Medio Ambiente.
Aspectos a mellorar: o son na Praza (non se escoitaba), distribución dos manifestantes e faixas (máis repartida pola praza), manifesto moi longo, convocatoria pública con maior antelación, pouca participación das localidades máis afastadas, insistir en que imos contra o modelo e non contra a enerxía renovable.
Nota: Esquecemos falar na reunión dos gastos derivados da manifestación.... En todo caso, é unha cuestión que haberá que abordar. Con tal fin, prégase se manifesten as entidades, colectivos ou plataformas que teñan vontade de colaborar na satisfacción de parte dos gastos, en función das súas capacidades. Grazas!
2. ACCIÓNS FUTURAS
Ao longo dos vindeiros meses, acórdase que a coordinadora contribúa á difusión dos actos locais que se organicen polas plataformas no marco das súas propias campañas contra a invasión eólica. Especialmente faise mención ás campañas reivindicativas que se están a deseñar arredor dos festivais de música (Ortigueira, Resurection Fest...) ou romerías como a Romería contra os eólicos en Monfero (o próximo 10 agosto).
Pódese solicitar material a Luka (Ortigueira): lukabb@hotmail.com
Vídeo para difusión: https://drive.google.com/
E a Iñaki (Monfero): inhakimar@hotmail.com
Ademais, acádanse os seguintes acordos e as previsións de acción para os seguintes meses (CALENDARIO DE ACCIÓNS):
XUÑO:
-Solicitar reunión co presidente a Xunta e a ministra de Transición Ecolóxica (*). Dar prioridade a estas solicitudes.
-Posibilidade de organizar concentracións diante das subdelegación no caso de que se aprobe prórroga do RD 6/2022. Pode producirse a finais de mes ou en xullo. Estar atentas!
XULLO:
-Viaxe a Bruxelas para presentación denuncias elaboradas por ADEGA. Pendente de confirmación por parte de Ana Miranda.
AGOSTO:
-Atentas á saída a consulta pública do Plan de ordenación do espazo mariño e á reacción do sector do mar.
-Ir pensando por parte de cada organización en propostas para as xornadas de debate interno, que se realizarán en outono.
SETEMBRO:
-Na primeira quincena, reunión da Coordinadora para deseñar as xornadas de debate coa intención de acabar de definir o modelo alternativo do manifesto.
-Comezar coa organización da mobilización de decembro.
OUTUBRO-NOVEMBRO:
-Xornadas de reflexión e debate (internas e/ou externas). Destas haberá que extraer información e conclusións que nos permitan ir afondando na alternativa ao actual modelo con vistas a seguir achegando posturas.
-Solicitar entrevistas cos presidentes dos partidos políticos (*).
DECEMBRO:
-Mobilización masiva (descentralizada?). Pode ser como o ano pasado, o Día das Montañas.
Nota (*): Excluiranse da lista de entidades solicitantes das entrevistas con institucións ou partidos políticos aqueles colectivos ou entidades da coordinadora que así o requiran expresamente.
3. VARIOS
Acórdase que os colectivos ou plataformas que queiran promover comunicados ou notas de prensa en nome de Eólica Así Non, acheguen para a súa valoración a proposta elaborada de tales comunicados.
Sen máis que engadir desta volta... A transcrición completa da acta atoparédela no documento apegado, así como o chat da reunión.
Seguimos pois! Moita forza!!
Aperta. Belén
COORDINADORA EÓLICA ASÍ NON
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
-Declarada de Utilidade Pública-
Avenida de Castelao, 20 Baixo
15740 Santiago de Compostela
Tel. e fax: 981 570099
www.adega.gal
adega@adega.gal
organizacion@adega.gal
Faite SOCIO/A!