Saltar ao contido principal

Encontro Galego contra a OTAN


 

Encontro Galego contra a OTAN denuncia o uso do arsenal de Ferrol por buques da Alianza Atlántica

Converte a cidade en "central de operacións para misións de guerra e agresións alleas aos intereses do noso pobo", explica a Plataforma.


Nun comunicado, a plataforma asegura que a Armada está a poñer a punto un peirao na cidade para que calquera buque da OTAN poida utilizar as bases navais do Estado español "como centrais de operacións para misións de guerra e agresións alleas aos intereses do noso pobo". Unha situación que, din, "convirte as localidades onde están ubicadas en obxetivos militares, feito que supón a total perda de autonomía para o país".

Por iso, desde o Encontro Galego contra a OTAN denuncian "a obediencia do Réxime do 78 co imperialismo ianqui-europeo e as consecuencias que esta provoca sobre a clase obreira e as capas populares galegas". Tamén mostran o seu rexeitamento ás "reformas, rendendo

pleitesía á Alianza Atlántica, que pretende emprender a Mariña en Ferrol, apuntando a esta zona como un enclave bélico".

 

Por último, o Encontro volve apelar á "maior unidade posible das organizacións, asociacións e persoas a título individual antiimperialistas a coordinarse na Galiza a través do noso Encontro, para seguir estendendo a defensa da paz e a soberanía dos pobos", sentenzan no comunicado, no que tamén denuncian o compromiso dos estados membro co aumento do gasto militar e a venda de armas ratificado no pasado cumio que se celebrou en Madrid.