Saltar ao contido principal

COMUNICADO DE PRENSA DEL FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

        FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Comunicado de Prensa DENUNCIAMOS AS MORTES VIOLENTAS DE 27 PERSOAS MIGRANTES PROVOCADAS POLA POLICIA MARROQUINA NA NOSA FRONTEIRA. O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN en relación coa situación que se producíu onte venres 24 de xuño en Melilla, remite o seguinte COMUNICADO: 1.- Denunciamos, unha vez máis a morte violenta de persoas migrantes na nosa Fronteira Sur ,neste caso en Melilla e de momento confirmadas 18 persoas. Polas imaxes das que dispoñemos trátase dunha brutal intervención da policía marroquina contra centenares de persoas. Intervención auspiciada sen dúbida polos novos acordos “migratorios” coa dictadura de Marrocos por parte do gobernó español. 2.- A Asociación Marroquina de Dereitos Humanos de Nador publicou un vídeo a través de Twitter no que aparecen decenas de persoas de orixe subsahariana tumbadas no chan, aparentemente feridas e exhaustas, rodeadas por axentes marroquinos. “Desta maneira inhumana apilados uns enriba doutros as autoridades marroquinas detiveron a decenas de inmigrantes subsaharianos fronte á fronteira española”. 3.-Esíximos unha investigación urxente e independente dos feitos que serva para depurar as responsabilidades, tamén ás que poidan ter as autoridades e forzas policiais españolas nestes terribles feitos. Estas mortes non poden quedar impunes. 4.- Unha parte importante das persoas que pretendían entrar en territorio español eran de orixe sudanés, e polo tanto subsceptibles de solicitar e recibir asilo político no Estado Español. Estamos a falar polo tanto, exactamente igual que no caso das persoas que fuxen de Ucraína, de refuxiados políticos que foron brutalmente tratados- un número por determinar mortos de forma violenta polas forzas policiais- ás portas das nosa fronteira. 5.- Reclamamos, por último, un cambio real nas políticas migratorias do Estado Español,en concreto no caso da chamada Fronteira Sur, que son as responsables últimas da morte de moitas persoas que pretenden achegarse ao noso territorio para exercer o seu dereito ao refuxio. Non debemos tolerar máis estas mortes de persoas inocentes. Para máis información: Miguel Fernández (662-307019)