Saltar ao contido principal

"ROSTROS DA MEMORIA" XURXO LOBATO

 24 de Marzo de 2022 “ROSTROS DA MEMORIA. FERROL 1972” Un proxecto fotografico artistico de Xurxo Lobato en homenaxe as persoas que sufrieron a represion do franquismo polas loitas obreiras na cidade de Ferrol do ano 1972, que ainda estan vivas e son merecentes dun recoñecemento público. As persoas retratadas están na listaxe oficial dos represaliados. Son 28 retratos realizados en B/N, primeiro plano, onde se busca que a expresión do rostro co paso do tempo exprese a dor lembrada pola represión. Nun estilo sobrio, austero, minimalista, expresionista. Xurxo Lobato, académico da Real Academia Galega de Belas Artes. Premio Artes Plásticas Cultura Galega Xunta de Galicia 2020. Premio Ortega y Gasset de El Pais 2003. Cunha amplia traxectoria profesional e creativa o longo de 40 anos. Esta proposta e a continuación do proxecto de “Rostros da Memoria” feito no 2007 e que foi itinerante polos museos mais importantes de Galicia. A proposta e unha exposicion itinerante con soportes autoportantes, acondicionados para poder exhibirse o aire libre, resistentes as inclemencias do tempo. A proposta ten varios soportes opcionais, pensando sempre no interese social e na posible itinerancia para poder manter a programacion todo o ano: Orzamento vai incluido o ive. E para cada opcion independente si se convina exposicion e mais libro podese axustar o custo. Opción 1.- Exposición de 4 estructuras en forma de cubo, de aceiro galbanizado de 200 cm de alto por 130cm de ancho cada lado. Cada estructura son catro lados con soporte rixido que permite a máxima resolucion para fotografia. Incluido o transporte e montaxe nun lugar de Ferrolterra. 9.680€ Opción 2.- Exposición de 4 estructuras en forma de cubo, con marco de aceiro galbanizado de 210 cm de alto por 140cm de ancho cada lado. Cada estructura son catro lados, que soportan unhas lonas de alta calidade que permite a máxima resolucion para fotografia. Son 16 lonas de 200x130cm. Incluido o transporte e montaxe nun lugar de Ferrolterra. 7.502€