Asociación Cultural Fuco Buxán

ACTOS 25N DA MMM DE FERROLTERRA



 
A Asociación Cultural Fuco Buxán súmase á convocatora - Martes 25, ás 20 hs, en Perlío - da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista

 A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da
 MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES QUEREMOS CONVÍDAVOS COMO CADA ANO A PARTICIPAR NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR NA PRAZA DA ESCOLA DE FENE (ONDE O FEIRÓN)  ÁS 20H.

O MARTES 25 DE NOVEMBRO PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

"IMPLICATE. LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. RACHA COA INDIFERENZA"

Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo estarán a denunciar e a amosar o máis profundo rexeitamento ás violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres.

Esperamos coma sempre a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista.

MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UN MUNDO SEN VIOLENCIA

Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!

--
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza
A+ | a-

Séguenos no Twitter