Saltar ao contido principal

Nota Prensa de Stop-Desafiuzamentos Ferrol



NOTA DE PRENSA
AVISO URXENTE:

STOP-DESAFIUZAMENTOS NON ESTÁ PEDINDO DIÑEIRO POLAS CASAS:

Chegou-nos un aviso que desde hai uns días, hai persoas que van pedindo diñeiro polas casas no nome de Stop-Desafiuzamentos. Mesmo onte na zona de Canido e Xoane pedían cartos  para "evitar" un desafiuzamento na Magdalena, dicían que xuntaran 4.000 e que necesitaban 1.000 máis.

Desde Stop-Desafiuzamentos queremos facer público, para xeral coñecemento que en ningún momento Stop-Desafiuzamentos está pedindo diñeiro, nin polas casas, nin pola rúa. Dicer que toda a actividade que desenvolvemos é con traballo voluntario non remunerado. E que se algunha vez necesitamos diñeiro para desenvolver algunha actividade, son as entidades sociais, culturais, veciñais, ... que participan no Encontro Social de Ferrol Terra as que contribúen economicamente.

Dicir que en ningún caso, é función de Stop-Dasafiuzamentos recadar diñeiro para pagar-lle aos bancos.

Dicir que en próximos días van ser visitadas sobre unhas 100 persoas, onde viven na actualidade, mais só co obxectivo de convocar a unha Asemblea sobre o parque municipal de vivendas protexidas de Recimil e que terá lugar o 23 deste mes de Marzo, ás 5 da tarde nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.

Por último dicir que se está facendo unha campaña de recollida de alimentos e outros produtos de necesidade, para unha familia concreta que vai ser desafiuzada e está empobrecida pola perda do emprego, mais isto fai-se nos locais sociais da Asociación Lazos Pro-Solidariedade, A Revolta de Trasancos - Colectivo Sociocultural, A. C. Fuco Buxán e Arméria Soc. Coop. Galega 

Facebook do evento:
http://www.facebook.com/events/150067935156137/

En Ferrol, a 11 de Marzo de 2013

Asinado por:
Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
No seu nome:
Inácio Martínez Orero
DNI 32612684H
Tlfno: 645158113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/