Asociación Cultural Fuco Buxán

Violencia(s) contra as mulleres. Sensibilización e Acción

A asociación cultural Fuco Buxán convídate ao seu próximo acto. Empezamos o vindeiro exercicio colaborando de novo coa Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña para lanzar o ciclo ‘Violencia(s) contra as mulleres. Sensibilización e acción’ que terá lugar ao longo dos meses de setembro e outubro.

O ciclo ten por obxectivo a concienciación sobre as diferentes formas de violencia de xénero, acentuando a importancia da influencia da pornografía e da prostitución na nosa sociedade. Ademais, analizaremos o papel das mulleres vítimas de violencia de xénero nas casa de acollida de Galicia. Así, o ciclo cómponse das seguintes palestras:

Prostitución: Trata e violencia sexual. Obradoiro con AMELIA TIGANUS, activista feminista e integrante de Feminicidio.net.
  • Data: 12 de setembro de 2019.
  • Hora: 16.30h-20.30h
  • Lugar: Salón de Graos da Facultade de Humanidades.

A situación dos centros de acollida para vítimas de violencia de xénero en Galicia: non estaremos a re-victimizar ás mulleres? Por MARÍA CARREIRO E CÁNDIDO LÓPEZ, profesores de Arquitectura da UDC.
  • Data: 19 de setembro de 2019.
  • Hora: 17.00h-18.30h
  • Lugar: Salón de Actos Concepción Arenal.

Violencia simbólica nas industrias culturais: a pornificación como biopolítica do desexo. Por ISABEL MENÉNDEZ, profa de Comunicación Audiovisual da Universidade de Burgos.
  • Data: 8 de outubro de 2019.
  • Hora: 10.00h-11.30h
  • Lugar: Salón de Graos da Facultade de Humanidades.

Cine-Coloquio: El proxeneta. Paso corto, mala leche. Por MABEL LOZANO, directora de cine e periodista. Activista feminista.
  • Data: 16 de outubro de 2019.
  • Hora: 17.00h-20.0h
  • Lugar: Salón de Graos da Facultade de Humanidades.

Agardamos a vosa presenza!


A+ | a-

Séguenos no Twitter