Saltar ao contido principal

Crowfunding: axuda ao Tribunal Ciudadano de Justicia del 15M a levar aos directivos de Caja Madrid ante o Supremo

A asemblea Tribunal Ciudadano de Justicia del 15M (TCJ) está a promover unha campaña de crowdfunding coa fin de poder financiar as posibles costas de presentar un recurso ante o Tribunal Supremo para xulgar a Miguel Blesa e a outros tres directivos de Caja Madrid (Ildefonso Sánchez Barcoj, responsable da Dirección General Financiera, Ignacio de Navasques Cobián, director general de Tasaciones Madrid e Ramón Martínez Vílchez, gerente de riesgos). O obxectivo é recadar a cantidade antes do 18 de setembro.

¿O motivo? A sobretasación sistemática nos préstamos hipotecarios, unha práctica continuada que se revela nos cen expedientes hipotecarios que presentan como proba.
¿Os delitos? Estafa, administración desleal, asociación ilícita e falsedade documental.



O TCJ xurdiu a partir da acampada Sol de 2011, que posteriormente se extendeu ás asembleas dos barrios e pobos de todo o Estado. Co obxetivo de identificar e denunciar aos verdadeiros responsables do colapso económico no que vivimos -os xestores das entidades bancarias-, o seu traballo como grupo de acción comezou por elaborar entre finais del 2011 e primavera do 2012 unha foja de ruta e unha guía de obxectivos a alcanzar:
  1. Identificar a orixe da burbulla inmobiliaria.
  2. Investigar os préstamos e a sobretasación. 
  3. Elaborar a querella contra directivos de Caja Madrid entre os anos 2003 y 2009.