Reunidos no Concello de Ferrol as seguintes entidades:
PSdeG-PSOE, BNG, EU, Anova, Espazo ecosocialista,CIG,CCOO,UGT, Asociación López Bouza, Comisión de Saneamento Integral da Ría de Ferrol, AC Fuco Buxán, AVV San Xoan-Bertón, Marea Ártabra, AVV San Pablo e Federación de AVV Roi Xordo.
Trataron a problemática actual da taxa de saneamento e acordaron:
1- Facer un chamamento para unha convocatoria aberta as asociacións de comerciantes e hostelería , veciñais e cidadanía en xeral para unha reunión o luns 16 ás 17:00 na Galería Sargadelos de Ferrol.
2- Convocar unha concentración na praza de Armas o día 19, xoves , ás 19:00 horas contra a taxa de saneamento que está a aplicar o goberno do PP.
Desde a A.C. Fuco Buxán, lembramos que o Goberno Municipal do PP de Ferrol nos está xa esixindo o pago dunha taxa - de prezo abusivo - por un servizo que ainda non está en funcionamento e que non vai a beneficiar de momento a toda a cidadanía.