Saltar ao contido principal

Presentación do libro: “Ferroláns de seu”

portada deste volume de xénero periodístico


 Infórmase á cidadanía de que o vindeiro día 2 de xaneiro de 2012 ás 20:00 Horas terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol a presentación do libro Ferroláns de Seu de Xosé Gómez e Nicolás Vidal.

 

 Diario de Ferrol:

 http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/-ferrolans-de-seu-recupera-algunhas-das-mellores-entrevistas-de-nordesia/20121229235904026245.html

 

  “Ferroláns de seu” recupera algunhas das mellores entrevistas de Nordesía

“O noso traballo foi recompilar unha serie de entrevistas, ao final son 43, das que apareceron no suplemento Nordesía de Diario de Ferrol ao longo dos anos en que os dous coincidimos nel. O xénero da entrevista é idóneo para amosar unha realidade incontestable para nós: a valiosa paisaxe humana desta cidade e da súa comarca”.

Así falan os periodistas de Diario de Ferrol Nicolás Vidal e José Gómez Fandiño verbo de “Ferroláns de seu” (Edicións Embora), o volume que recolle algunhas das mellores entrevistas publicadas en Nordesía e que inclúe as caricaturas orixinais elaboradas por Juan Veiga, así como un prólogo feito para a ocasión polo director de Diario de Ferrol Carlos Miragaya. O libro presentarase o próximo mércores 2 de xaneiro ás 20.00 horas na Galería Sargadelos.

Paisaxe humana 

Polo volume desfilan as palabras de Emiliano Aguirre, o pai de Atapuerca; o editor de García Márquez e Cortázar Francisco Porrúa; a actriz Mabel Rivera; Xosé Luís Torrado “O Bruxo”; o fotógrafo Vari Caramés; as poetas Eva Veiga e Medos Romero; o músico Antón Seoane de Milladoiro; os debuxantes Xaquín Marín e Siro; o profesor Guillermo Ferrández, o belenista Alfredo Martín; o exalcalde José María López Ramón; o exsindicalista Rafael Pillado; o empresario Ramón Sánchez Dopico; os pintorres Luis Jaime ou Rafael Castro Estévez; o tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla, ou o mago Lorente de Castro, entre outros.

Para os xornalistas “o peor foi ver como quedaban fóra persoas e conversas moi interesantes, desde aquí pedimos desculpas a quen non está, pero era imposible incluír a todo o mundo. De feito ían ser 25 entrevistas e ao final case vai o dobre. Das que están, tratamos de que os entrevistados falen da cidade ou da comarca –fosen ou non de aquí, pero que teñan vínculos como mínimo–, que aportasen algunha visión de seu e que falasen da súa vida. Algúns dos entrevistados xa non están, polo que o seu valor é maior. Recuperalos é unha satisfacción”.