Estimados amigos e amigas:
A A.C. Fuco Buxán, en réxime de autoconvocatoria, co lema "NON A INTERVENCIÓN EN SIRIA" convidámosvos a asistir á CONCENTRACIÓN que terá lugar o Venres 6 de setembro, ás 20:OO horas, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol).
Daráse lectura a un Comunicado e a continuación un espazo de participación aberto a os/as asistentes.
Prégase difusión.