Saltar ao contido principal

Presentación do libro "WINNIPEG" de Hixinio Puentes.



A nosa Asociación Cultural Fuco Buxán, conxuntamente co Ateneo Ferrolán organizan a presentación do libro: "WINNIPEG" de Hixinio Puentes, que terá lugar o vindeiro venres día 10 de maio ás 20:00 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Intervirán: O historiador Enrrique Barrera, a profesora Rosa Méndez, e o autor do libro Hixinio Puentes. Estades todos  convidados.


Da web de Xerais:

"Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que fretara o Winnipeg, un dos buques da diáspora dos republicanos españois, perdedores nunha guerra fratricida. Nel van tres irmáns que deixan na vila de Cariño a súa familia masacrada pola represión. O seu delito fora artellar nos anos da república obreira o Sindicato da Industria Pesqueira e Derivados baixo o amparo da CNT. Na análise que fai Manuel Pita Armada da súa vida, os acontecementos vividos en España repítense novamente en Chile, onde Pablo Neruda e Salvador Allende son vitimados. O mundo da pesca no Ortegal, as sucesivas fugas polo mar, a Guerra Civil, os campos de concentración franceses e o medo están aquí perfilados pola man áxil e experta do escritor Hixinio Puentes".