Asociación Cultural Fuco Buxán

Domingo 28 actos da Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra



A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra convida a toda a cidadanía a sumarse aos actos do 28 de setembro.

O Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres conmemórase este ano baixo o lema: 

ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO

A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra, lembra que o vindeiro domingo, día 28 de setembro, conmemórase o Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres. Este ano ten especial importancia por estar dedicado ao dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade.

Baixo o lema ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO terán lugar os actos a desenvolver pola Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra. Con este motivo, a Plataforma ten organizado un pasarrúas e un acto central ao remate,  convida a toda a cidadanía da bisbarra a sumarse e a participar neste evento.

O pasarrúas  saíra do Cantón ás 12 horas e fará un percorrido polos principais espazos públicos da cidade de Ferrol. O acto central será na Praza do Inferniño ás 13:00 h.
A+ | a-

Séguenos no Twitter