Saltar ao contido principal

Moción a presentar en el Pleno...29 de set ,18 hs Ferrol

             

                Moción a presentar en el Pleno...29 de set  ,18 hs Ferrol

PROPOSTA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA, DE MOCIÓN TIPO, PARA
PRESENTAR DE MANEIRA UNITARIA EN TODOLOS CONCELLOS E DIPUTACIONS DE GALICIA:
A Consellería de Sanidade, leva anos recortando e desmantelando os recursos da Sanidade Pública
Galega, especialmente na Atención Primaria, coa finalidade de reducir gasto e favorecer á
sanidade privada, que medra de maneira imparable. Paralelamente, os responsables do SERGAS
son incapaces de planificar e xestionar a Atención Primaria, poñendo en cuestión a continuidade
do sistema de Atención Primaria.
Entre outras cousas, as reducións de persoal, a prioridade pola consulta telefónica por riba da
presencial, as dificultades para contactar cos centros e conseguir cita, o peche de consultas,
centros e PAC, etc., impiden o acceso normal á asistencia sanitaria a poboación e crean listas de
agarda inaceptables.
Como consecuencia do exposto, desapareceu da Atención Primaria a promoción, prevención,
rehabilitación, participación e o traballo comunitario, mentres que o persoal está sometido a unha
situación de presión, inestabilidade e precariedade, incompatibles cunha atención de calidade.
Para facer fronte a esta situación, este Concello (ou Deputación),
ACORDA:
Apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de
Galicia, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas, que
pretende: que o Parlamento Galego, debata e aprobe unha serie de medidas:
 Establecer a atención presencial ao paciente como regra xeral para as consultas médicas.
 Fixar uns mínimos, na dispoñibilidade de centros e persoal por habitante, para salvagardar a
calidade da atención aos pacientes.
 Acabar ca inestabilidade e precariedade do persoal e realizar, como mínimo, unha
convocatoria anual de prazas.
 Reabrir as consultas, Centros de Saúde e PAC de Urxencias pechados durante os últimos anos.
 Incrementar o persoal médico, de enfermaría, administrativo dos centros de saúde e
redimensionar os seus cadros de persoal, incorporando novas categorías profesionais aos
equipos como psicoloxía, fisioterapia, atención temperá, logopedia, etc., para desmedicalizar
a atención e ofrecer unha asistencia integrada.
 Recuperar as Xerencias de Atención Primaria para dotala de capacidade de planificación e
autoxestión e acabar co seu sometemento aos hospitais. Que sexan o elemento esencial para
organizar e integrar a Atención Primaria cos hospitais, saúde pública, asistencia social e
atención á dependencia.
 Desenvolver as conclusións do Consello Técnico de Saúde de Galicia.

 Poñer en marcha o Consello de Saúde de Galicia e os Consellos de Saúde de Área Sanitaria,
para que a poboación teña capacidade real de planificar, decidir e avaliar a actividade dos
centros.
Todas estas medidas, recollidas na ILP, deberían aprobarse de maneira urxente polo Parlamento
de Galicia (dada a gravidade da situación da Atención Primaria, en risco real de desmantelamento
e privatización) e ir acompañadas dun incremento do orzamento de Atención Primaria ata alcanzar
o 25% do total.
As institucións locais, somos esenciais no proceso de recuperar os recursos, garantir a
accesibilidade á asistencia, desmasificar as consultas, reabrir os centros e PAC pechados e acabar
cas listas de espera que son incompatibles cunha asistencia racional e de calidade, antes de que
sexa demasiado tarde.
Por este motivo acordamos, ademais de apoiar a ILP, colaborar activamente na recollida de
sinaturas e nas mobilizacións e actividades informativas de carácter unitario que se realicen,
para ter unha Atención Primaria de Calidade.