Saltar ao contido principal

ALEGACIÓNS DO CCE CONTRA A AMPLIAZÓN DA CONCESIÓN A REGANOSA

Reproducimos a continuación a nota de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol:


ALEGACIÓNS DO CCE CONTRA A AMPLIAZÓN DA CONCESIÓN A REGANOSA

O CCE ven de presentar diante a Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao o documento de Alegacións contra a proposta de prorrogar por 5 anos mais a Concesión a Reganosa, despois de que no 2015 xa prorrogara a concesión por 15 anos. Un documento donde se proba que as pretensións de Reganosa carecen de fundamento.
Segundo os representantes de Reganosa dado que, a concesión outorgada en Maio de 1997 foi para usos de Forestal, consideran que as obras realizadas por Forestal nos anos 1999 e 2000 son as iniciais e que as inversóns realizadas a partires do 2004 na construción da planta de gas (o non estar previstas na concesión orixinal) serian consideradas unhas inversións a maiores, superando o 20% da obra de Forestal, o que lles permitiria solicitar a ampliazón da concesión.
Unha vez mais atopamonos no proceder fraudulento dos promotores de Reganosa, reconocendo que a concesión outorgada en 1997 foi solicitada por Forestal e para usos e actividades de Forestal e que, unha vez acadada e cando anuncian a instalación da planta de gas.
Polo tanto dende o CCE se manten e así se recolle tanto na solicitude de concesión do cambio de usos de xuño de 2001, como na acta final de recoñecemento das obras de 3 de maio de 2007, onde separan claramente as obras feitas por Forestal e as realizadas por Reganosa en base ao proxecto que serviu para o outorgamento da concesión. A inversión da planta de gas mais aló das triquiñuelas de Reganosa e a que hai que considerar, e polo tanto non hai razón algunha para acceder á súa solicitude , xa que só houbo unhas únicas obras
Non so hai razón para denegar a solicitude da prórroga, senón que a Autoridade Portuaria debe retirarlle a concesion unha vez demostrada a falsidade dos datos aportados no seu momento para acadar autorización de funcionamento asi como as ilegalidades cometidas:.
Una instalación ilegal segundo 4 sentencias do Tribunal Supremo:
Sentenza anulando a modificación Puntual do Plan (11-05-2012).
Sentenza anulando a Autorización Administrativa Previa, sentencia 695/2016 do 28-03-2016.
Sentenza de anulación do Proxecto de Execución, sentencia 889/2016 do 25-04-2016;
Sentenza de anulación do Plan de Emerxencia Exterior, sentencia 1966/2016 do 26-07-2016
Unha concesión outorgada para outros usos.
Unhos recheos e dragados, e planos de auga ilegais.
A planta de Reganosa non e estratéxica para Galicia tal e como se dixo, a súa produción disminue cada ano, en 2016 foi do 28% segundo informe do xestor técnico do sistema. Os gasoductos pechados teñen a capacidade suficiente para sumistrar gas a Galicia.
A planta de Reganosa nunca foi declarada de interese público.
Levamos pagado perto de 500 millons de euros, forma parte do chamado déficit enerxetico que fai que paguemos pola enerxia una das taxas mais altas de Europa.
Unha instalación perigosa que ameaza a vida de miles de persoas. Unha instalación nociva para o ecosistema da Ria

Ferrol a 04-09-2017