Saltar ao contido principal

20 de xuño - Día Mundial do Refuxiado

O 20 de xuño conmemorouse o Día Mundial do Refuxiado. Millóns de persoas foxen dos seus países para emprender a viaxe máis perigosa da súa vida, fuxindo das guerras, a miseria e a fame.
O planeta conta, hoxe en día, con máis de 65 millóns de refuxiados e desprazados. Ao non haber resposta dos países, a falta de políticas de Asilo, vense obrigados a vivir en campamentos e véndose privados dos máis elementais dereitos. Estas prisións ao descuberto proliféran, "invisibilízanse", engadindo os Centros de Internamento para estranxeiros, que serven para encerrar aos inmigrantes en situación irregular. 










Estes cárceres non fan máis que representar un mercado entre as organizacións e as multinacionais. Os refuxiados son un negocio!
"Os desastres humanitarios non son para todos igual", ao seu ao redor, pulula a "industria da axuda", de diferentes empresas, cun recadado de 25 millóns de dólares.
Nos salóns internacionais, vense maquetas con casas feitas de colectores, maquetas con diversas tendas para o mercado humanitario. Os expositores mostran tendas con servizos de té  moi ben presentados, mobles, lámpadas, todo levado a cabo polo gran responsable de campamentos ACNUR, e detrás de ACNUR, IKEA. E véndeas moi ben!, Per Heggenes, presidente do grupo, dicindo que as súas tendas preservan a dignidade dos refuxiados ao ter xanelas, portas e illamento. ACNUR asinou un contrato con IKEA para un total de 35 millóns de euros por 30mil tendas.
O campamento de ZAATARI, aberto en Xordania no 2010, alberga un total de 80 mil refuxiados, e substitúe o paquete de alimentos por dous supermercados: Safeway, onde os refuxiados cun cartón de 50 dólares provista por ACNUR e o PMA (organismo da ONU) , provedor de alimentos, cren que fan sentirse aos refuxiados como consumidores. Porén,  non esquezamos o negocio das armas, onde España é un gran provedor, co negocio das murallas, das concertinas e das cámaras de vixilancia e moito máis.
Desde o ano 2015, e desde a chegada de refuxiados de Oriente Próximo, emerxen campamentos ao longo de toda Europa. En Italia, en Grecia, na fronteira de Macedonia e en Serbia, tamén entre Hungría e Austria apareceron campamentos en depósitos abandonados en terreos baldíos, embarrados cando chove, onde os menores tentan vivir a súa nenez da mellor maneira.
E ao seu ao redor, aparecen pequenos campamentos cualificados como clandestinos ou salvaxes, onde os dereitos humanos esqueceron os seus principios. Ésto ocorre en Lesbos. A política da UE cos refuxiados é o esquecemento. E non só dos gobernos, senón de organizacións como ACNUR, quen non lles dá información, non lles dá vivenda ou manutención, nin abrigos, nin produtos de hixiene. Quedan indefensos fronte a todo, homes de toda idade, mulleres, nais, fillos, sufrindo todo tipo de visicitudes en países que poderían solucionar facilmente a acollida. Con todo, dos 192 países que hai no mundo, os 10 máis pobres son os que acollen da maneira máis solidaria e sensible.
Os refuxiados queren vivir en paz, queren regresar aos seus países e volver vivir en liberdade coas súas familias, queren darlle o mellor para os seus fillos. Précísase xa que os países rompan o tratado EU-Turquía, que cumpran coas cotas de acollida, e que se respecten os seus dereitos.
España debe aplicar a Constitución, debe recibir a cota de 17 mil refuxiados e permitirlles vivir, pagándolles a débeda que teñen con eles; porque, nestas guerras está España, e é un estado cómplice ao manipular a entrada dos refuxiados poñéndoa coma violenta e perigosa.