Saltar ao contido principal

Sábado 20 : Xantar Solidario do Comité Cidadán de Emerxencia. Anímate!

O Comité Cidadán de Emerxencia, co fin de celebrar una xornada de convivencia  coas persoas que veñen apoiando as súas actividades  e de obter axuda económica coa que facer fronte aos gastos ocasionados polas demandas xudiciais contra a ubicación da Planta de Gas,  organiza o sábado 20 de maio, ás 14,30 hs, un Xantar Solidario ao que convida a todxs xs amigxs e simpatizantes.



Lugar: RESTAURANTE “A Grella do Avó”, O Carballo, 21  SEDES – Narón.


Menú: Entrantes, arroz caldoso con centolo, segredo de porco branco, sobremesas, café, licores, 20 € + 5 € axuda ao CCE :  25 €

Menú infantil: Croquetas caseiras, segredo de porco branco e xeados.  5 €

Haberá música, cancións e boísima convivencia.  Animádevos e axudaremos ao CCE na súa loita en defensa da Vida e da Ría.

Data tope de Reserva:  18 de Maio.

Teléfs:  669208499  652201003  699548246


Fonte:  Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol