Hoxe, organizado pola U.C. de CCOO de Ferrol e a Fundación 10 de Marzo, preséntase o libro “Biografías Obreiras de Ferrol – II”, entrevistas e testemuñas de ferrolás e ferroláns que loitaron pola defensa da dignidade e a conquista dos dereitos e liberdades para toda a cidadanía.
Neste segundo libro que se presenta, entre moitos/as amigos/as e compañeiros/as, estarán os nosos socios/as : Bernardo Bastida Sixto, Gelines Rivera Torres, José Manuel Díaz Montero, José Torregrosa Rodríguez, José Villar Vergara e Regino Varela Martínez.
A todos e a todas, desde a Asociación Cultural Fuco Buxán, os nosos parabéns e tamén aos responsables da publicación e da homenaxe.
Acto da presentación: xoves 4 de xullo,
ás 18,30 horas,
na Fundación Novacaixagalicia,
Cantón Ferrol. Entrada libre.
Artigo no Diario deFerrol