Saltar ao contido principal

Comunicado de prensa do Foro Galego de Inmigración




 

 COMUNICADO  DE PRENSA

SOLICITUDE DE REFORMA FONDA OU NO CASO CONTRARIO, RETIRADA, DO REAL DECRETO LEI 16/2012 DE MEDIDAS URGENTES PARA GARANTIR A SUSTENTABILIDADE DO SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE NO MARCO DA XUNTANZA INFORMAL DO CONSELLO INTERTERRITORIAL DE SAÚDE (SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 DE SETEMBRO DE 2014)

AMNISTIA INTERNACIONAL, MÉDICOS DO MUNDO, FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN, organizacións e entidades que forman parte da  REDE  GALEGA POLA DEFENSA DO DEREITO Á SAÚDE, convocan unha Rolda de Prensa informativa o mércores día 24 de setembro ás 16: 30 H diante do HOSTAL DOS REIS CATOLICOS (Praza do Obradoiro) en paralelo á Xuntanza informal do Consello Interterritorial  de Saúde, no que participa a Ministra de Sanidade e @s conselleir@s das  diferentes Comunidades Autónomas do Estado Español, para:

-         Solicitar, cando se cumpren dous anos da súa entrada en vigor,  unha reforma FONDA ou no caso contrario a retirada  do Real Decreto lei 16/2012 de Medidas Urgentes para Garantir a Sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde, que supuxo entre outros cambios a exclusión do dereito á atención sanitaria ordinaria para o colectivo de persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa.

-         No transcurso da Rolda de Prensa informativa faremos pública a carta dirixida por Amnistia Internacional e apoiada polo resto de organizacións e entidades convocantes , á Conselleira de Sanidade, Dna Rocío Mosquera Álvarez, (tamén se remitíu unha carta similar ao resto de Conselleir@s de Sanidade das  diferentes Comunidades Autónomas) instándolles, basándose en diferentes pronunciamentos de organismos internacionais do máis alto nivel incumpridos ata o de agora polo Estado Español ,  a que en vindeiras xuntanzas do Consello Interterritorial de Sáude se aborde a necesidade de reformar o Real Decreto 16/2012 e de cumprir cos compromisos e recomendacións internacionais para garantir o dereito á saúde de todas ás persoas.


Para máis información :
Amnistia Internacional: Fidel Picos (638-925700)
Médicos do Mundo: Ines Fernandez de Cordoba (639-647153)
Foro Galego de Inmigración: Miguel Fernández (662-307019)
Foro Galego de Inmigración Ferrolterra