Saltar ao contido principal

Xuíces contra os desafiuzamentos

  

Un grupo de seis xuíces, coordinados polo vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) Manuel Almenar elaborou un informe no que propón 18 medidas para cambiar o sistema español de desafiuzamentos e paliar o "auténtico drama" no que están envolvidas numerosas familias, estas son: 

 18 medidas:

  1. Determinar o concepto de debedor hipotecario de boa fe, como suxeito de aplicación de medidas excepcionais na materia. Serían afectados só por execucións hipotecarias en vivenda habitual ou locais de negocio. 

 2. Elevación do denominado albor de exclusión para flexibilizar os requisitos estritos que establece o Código de Boas Prácticas aprobado polo Goberno. 
3. Regulación imperativa en determinadas circunstancias da dación en pagamento. 4. Establecemento dun réxime especial no caso de execucións hipotecarias de vivendas habituais ou locais de negocio, no sentido postulado polo Valedor do pobo. consumidores para favovecer solucións negociadas. 

 5. Limitar os intereses moratorios, prohibindo que sexan superiores en 2,5 veces ao interese legal do diñeiro en caso de descuberto. 

6. Modificación do procedemento de execución hipotecaria para que deixe de ser un prigilegio procesual dos bancos, reconducíndoo ás normas xerais da execución ordinaria, aumentando así os motivos de oposición á execución (pagamento, nulidade ou prescrición). 

7. Atribución de facultades ao xuíz para acordar moratorias que deixen en suspenso o pagamento das cotas hipotecarias, se concorren circunstancias excepcionais 8. Revisión legal do concepto de forza maior e reedificacións da cláusula que permita suspender o cumprimento de obrigas polo debedor cando as circunstancias llo impidan por motivos alleos á súa vontade. 

9. Modificar o réxime de taxación de vivendas, a realizar por expertos independentes. 

10. Elevar a porcentaxe de adxudicación ao acredor (actualmente é do 60 por cento do valor de taxación), xa que a Lei hoxe permite ao banco adxudicarse bens por valor notoriamente inferior ao real. 11. Establecemento de períodos de carencia na amortización do capital de forma obrigada e non voluntaria dos bancos como di o Código de Boas Prácticas. 

12. Potenciación de poxas por Internet para mellorar as adxudicacións e o número de interesados en puxar. 

13. Regular un procedemento concursal específico para persoas físicas que poidan paralizar certas execucións. 

14. Ampliar os supostos en que o debedor pode continuar usando a vivenda habitual ou local de negocio satisfacendo un canon mediante arrendamento, leasing ou outras fórmula xurídicas. 

15. Limitar gastos en caso de amora. 

16. Ampliar a posibilidade de que o debedor poida poñer fin á execución pagando as débedas e rehabilitando o préstamo, xa que actualmente só se pode usar esa posibilidade unha vez cada cinco anos. 

17. Mediación previa ou simultánea obrigatoria nas execucións hipotecarias. 

18. Crear Comisións Mixtas de Administración, banca e consumidores para favorecer solucións negociadas.