Saltar ao contido principal

Concentración Cidadá en apoio aos traballadores do Diario de Ferrol, contra os Despidos e os Traslados


 Continúan os efectos das devastadoras políticas austeras que sempre afectan aos mesmos. Mañá xoves día 27 de decembro ás 10:30 horas da mañá, diante do concello de Ferrol, terá lugar unha Concentración Cidadá en apoio aos traballadores do Diario de Ferrol, contra os Despidos e os Traslados que a está a sufrir o colectivo de periodistas do único diario local ferrolán que implícase no chamamento e loita social contra as políticas neoliberais que outros diarios si apoian. 

Non se pode tolerar que intenten acabar cun diario que é a vangarda na defensa da cidadanía.

Polo tanto, dende A. C. Fuco Buxán, facemos un chamamento á cidadanía a solidarizarse co colectivo de traballadores do Diario de Ferrol e acudir á cita informada.

Hai que loitar polo benestar común.