Saltar ao contido principal

Resumo da I limpeza na Ribeira de Caranza



A solidariedade de Fuco Buxán cos compañeiros/as de Acción Directa - Recuperación de espazos públicos, que están desenrolando unha importante labor de conservación do medio, de concienciación ecolóxica e de denuncia do abandono e mal gasto do diñeiro público por parte do desgoberno Municipal do PP no Concello de Ferrol.


Acción Directa-Recuperación de espazos públicos:


Foi imposible rematar as tarefas nunha soa xornada, os centos de quilos retirados (máis de 500) dan unha lixeira idea do estado calamitoso en que se encontra a ría de Ferrol.

Queremos especialmente chamar a atención ás autoridades sobre os residuos retirados, o 70% destes é material hospitalario, bolsas de colonoscopia (e outras), toallas de escuma enxaboadas, bastóns para limpar os oídos e ata restos de pomadas. Sen lugar a dúbidas estes restos proceden dun centro de saúde da zona, ben do Ambulatorio de Caranza ou do Hospital Xeral.

Solicitamos publicamente ao Concelleiro de Servizos, que ordene a retirada das bolsas de lixo recollidas, estás encóntranse na parte superior da cala. (Recomendamos que leven un camión pequeno).


Estes traballos forman parte dunha campaña a nivel global organizada por “Surfrider Foundation”, coñecida tamén como Iniciativas Océano. Esta é a segunda acción que acometemos dentro desta iniciativa, e por desgracia, teremos que volver o sábado que vén para rematar a faena.

Pola paralización do malgasto de 916.000 euros na Praza de España, e outro 1.000.000 de euros para a Costa de Mella.

MAPA DOS TRABALLOS REALIZADOS:

E-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com
Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497