| 7:32 (hace 9 horas) | |||
| ||||
Prezadas compañeiras e compañeiros,
Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, o vindeiro mércores 07/10/2026, realizaremos unha mesa debate sobre "Traballo e Saúde Mental" ás 18.30h no Ateneo Ferrolán en Ferrol. Na mesa debate participarán as seguintes persoas:
- Sara Sala Díaz. Vogal da Sección de psicoloxía e saúde do COPG
- Manuel Castro Bouzas. Representante sindical da CIG-Saúde. Psicólogo clínico na Unidade de Saúde Mental na Área Sanitaria de Ferrol
- Modera Susana Alaniz González. SOS Sanidade Pública Ferrolterra
Convidámosvos a participar nesta mesa debate e no Acto Central que se levará a cabo en Santiago de Compostela o sábado 10/10/2026 na Praza do Toural ás 12.30h, onde se dará lectura ao manifesto por parte de Suso de Toro.
Adxunto enviamos o cartaz da mesa debate e pedimos a vosa colaboración para darlle difusión na comarca e facer chegar a convocatoria ás máximas persoas posibles.
Moitas grazas de antemán.
Calquera cuestión, non dubidedes en poñervos en contacto coa Plataforma.
Vémonos o mércores na mesa debate para compartir reflexións e experiencias.
PARTICIPA E DIFUNDE!!
