Saltar ao contido principal

Nota AGDSP listas espera Galicia xuño 2026

 





 As listas de espera de Galicia (a pesar de estar manipuladas e ocultar o 40%  das persoas enfermas) mostran o desastre da xestión Da ConsellarÍa de Sanidade e a política de desmantelamento do Sistema Sanitario Público da xunta de Galicia

 ·       As Listas de Espera Cirúrxica de xuño tiñan un tempo de espera medio de 91 dias (un 30% superior a do ano pasado era de 70) e acumula 55.348 persoas enfermas, un 18,1% máis xuño do 2025 (46.812 persoas).

·       Nas Listas de Consulta o Tempo Medio de Espera era de 69 dias de media, un 21% mais que no 2025  con 230.614 persoas, un 19% mais que as 193.336 do ano pasado)

·       Na Radioloxia o tempo era de 90,4 dia un 25% superior aos 72,22 dias con ano 25 e acumulaban 104.030 pacientes un 19,3% mais que en xuño do 25 (87.187 persoas)

Cales son os principais determinantes deste desastre:

1.       A política de recortes de recursos do Sistema Sanitario Público posta en marcha polo PP no 2009.

2.       Os responsables da Consellaría de Sanidade non saben xestionar, xa que son designados por afinidade política ao PP e non por teñen acreditada unha formación e experiencia adecuadas.

3.       Os xefes de servizo que xestionan a actividade dos hospitais públicos son designados en moitos casos por procesos “amañados” que xeran relacións de submisión coas xerencias cos nomearon.

4.       Permítese, a estes xefes, traballar na Pública e na privada: ee o seu servizo traballa pouco: beneficiase aos centros privados concertados, onde tamén traballan.

5.       Os hospitais públicos desaproveitan os recursos instalados (persoal, quirófanos, medios diagnósticos) xa que traballan soamente media xornada. Os pacientes acumulados son enviados masivamente a centros privados concertados.

6.       A Consellaría de Sanidade (SERGAS) carece dunha política de persoal incentivadora que estimule o traballo de calidade coa dilixencia  e dedicación necesarias ao sistema público. Tamén se lles permite a dobre dedicación.

7.       Os Sindicatos Médicos Corporativos levan máis dun ano convocando unha Folga Indefinida (salvaxe) para reivindicar un Estatuto Propio ó marxe do restos do persoal e que blinde a súa dobre dedicación. Por esta razón, suspenderanse 280.000 actos médicos en Galicia.

8.       Unha Atención Primaria sen recursos orzamentarios e de persoal suficientes e sen capacidade para ordenar e coordinar a asistencia e que ten listas de agarda de máis dunha semana.

9.       Abandono das áreas sanitarias como espazo de coordinación asistencial  e de  colaboración dos hospitais ca Atención Primaria, Saúde Publica e Dependencia.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Publica