Saltar ao contido principal

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

 



 


🔹 





Rolda de Prensa da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.

A Plataforma, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co Movemento Galego de Saúde Mental e a Asociación de Psicoloxía Clínica do SERGAS, realizaremos a Semán da Saúde Mental.

·       Organizaranse Mesas de Debate, cun/ha moderador/a (da Plataforma), un/ha Psicologx Clinicx e un/ha Sindicalista. O tema será: "Saúde Mental e Traballo".

·       Están previstos debates en 10 localidades de Galicia entre o 5 e o 11 de outubro do 2026. Adxuntaremos o cartaz con todalas Mesas Debate.

En Compostela será o día 10, sábado, ás 11 horas na Praza do Toural. En caso de choiva, será á mesma hora no CSC do Castiñeiriño.

O finalizar a Mesa Debate de Compostela, ás 12:30 h. haberá o Acto Nacional ca lectura do Manifesto a cargo do Escritor Suso de Toro na Praza do Toural.