A PIRUCHELA: A FERIDA ABERTA NO 36
Onte, compañeira ecompañeiros da A.C. Memoria Histórica Democrática asistimos con moito agrado en Neda, no local do Colectivo Piruchela a charla-coloquio e proxección da Directora do Podcast “A ferida aberta no 36”, Nuria López, presentada por Ana Santiago.
Interesantísimos espazos da Memoria, un enorme traballo de investigación, divulgación e recoñecemento ás vítimas da represión, as súas familias, tamén vítimas e a toda a sociedade que temos dereito e necesidade de coñecer a verdadera historia para poder honrar aos protagonistas e evitar a repetición.
Grazas polo convite, parabéns e ánimo para continuar.
Pódense seguir os capítulos emitidos a través das redes, youtube e spotify.