malia Bóveda, filla do mártir galeguista Alexandre Bóveda, quere facer públicos os motivos da súa decisión de non asistir ao acto de inauguración da exposición da obra "A derradeira lección do mestre, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, no Museo de Pontevedra. A través deste comunicado, desexa trasladar á cidadanía os motivos de dignidade e coherencia cívica e política que deciden a súa ausencia no acto". Así comunicou onte Amalia Bóvedra os motivos polos que explicou que non asistirá á inauguración da exposición que levará a Pontevedra o icónico cadro de Castelao, que será exposto no Museo de Pontevedra durante este verán. Amalia Bóveda "quere subliñar e agradecer o excelente trato por parte da equipa e dirección do Museo de Pontevedra para as que ten mostras de agradecemento e que, por suposto, visitará a exposición nas ocasións que guste e acompañada da súa familia. Unha visita segura será o día 17 de agosto, antes do acto institucional na Caeira. Esta ausencia non inflúe na política de man tendida para seguir a construír e implementar o que sempre debeu existir, é máis, agarda que axude a reflexionar", explica Amalia, que incida en que el voto en contra del Día da Galiza Mártir resulta "dunha profunda hipocrisía institucional perante o cadro máis simbólico do noso exilio e represión e votar en contra de institucionalizar o 17 de agosto como o 'Día da Galiza Mártir'. Cómpre lembrar que Castelao pintou esa obra, precisamente, en homenaxe a Alexandre Bóveda e a todos os represaliados. Non se pode honrar e admirar a obra mentres se despreza e vota en contra do motivo polo cal foi creada". Amalia Bóvedra incide neste aspecto: "Todos os gobernos da administración promotora evitaron deliberadamente levar este asunto ao pleno dende o ano 2014 para o seu debate e aprobación, actuando sempre de xeito partidista e fuxindo do control democrático que un fito desta relevancia merece. Amalia Bóveda considera intolerable o branqueamento político daqueles que hoxe autoproclámanse “galeguistas” mentres defenden pactos e acordos con partidos de extrema dereita. É unha ofensa directa á memoria de quen deu a vida pola liberdade e a democracia en Galicia que se pretenda inaugurar un cadro contra o fascismo coa man tendida aos herdeiros ideolóxicos e valedores da ditadura" Sobre este tipo de alianzas, Amalia Bóvede dice: "O galeguismo é por natureza e coherencia o contrario ao apoio na extrema dereita, sen ningún tipo de xustificación, máxime co ocorrido neste país. O anterior Presidente da Xunta xa compareceu ante o cadro cun descurso e unhas desculpas que, ao tenor do presente, foron mero tacticismo e faltaron á verdade. Agora o actual chámalle “sentidiño” á carencia do mesmo, inventando o “fascismo de esquerdas” diante nosa pra poder situarse nunha falsa equidistancia “ . "Non se pode estar coa Memoria obrando en contra dos Dereitos Humanos e viceversa -insiste Bóvedra- Xa está ben de dicir unha cousa e practicar politicamente outra. A memoria maila lección de meu pai e de Castelao, xunto co legado do galeguismo exiliado e asasinado non son mercadoría electoral nin un decorado para o cinismo político. Non podo acompañar a quen, cos seus votos, actos e pactos diarios, nega a realidade histórica e institucional do que ese cadro representa. Esiximos coherencia: non se pode soster o pincel do mestre coa man esquerda mentres coa dereita se borra e apaga a nosa memoria e os Dereitos Humanos”, declara Amalia Bóveda.
"Non podo acompañar a quen, cos seus votos, actos e pactos diarios, nega a realidade histórica e institucional do que ese cadro representa", di a filla do represaliado
Amalia Bóveda, filla do mártir galeguista Alexandre Bóveda, quere facer públicos os motivos da súa decisión de non asistir ao acto de inauguración da exposición da obra "A derradeira lección do mestre, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, no Museo de Pontevedra. A través deste comunicado, desexa trasladar á cidadanía os motivos de dignidade e coherencia cívica e política que deciden a súa ausencia no acto". Así comunicou onte Amalia Bóvedra os motivos polos que explicou que non asistirá á inauguración da exposición que levará a Pontevedra o icónico cadro de Castelao, que será exposto no Museo de Pontevedra durante este verán. Amalia Bóveda "quere subliñar e agradecer o excelente trato por parte da equipa e dirección do Museo de Pontevedra para as que ten mostras de agradecemento e que, por suposto, visitará a exposición nas ocasións que guste e acompañada da súa familia. Unha visita segura será o día 17 de agosto, antes do acto institucional na Caeira. Esta ausencia non inflúe na política de man tendida para seguir a construír e implementar o que sempre debeu existir, é máis, agarda que axude a reflexionar", explica Amalia, que incida en que el voto en contra del Día da Galiza Mártir resulta "dunha profunda hipocrisía institucional perante o cadro máis simbólico do noso exilio e represión e votar en contra de institucionalizar o 17 de agosto como o 'Día da Galiza Mártir'. Cómpre lembrar que Castelao pintou esa obra, precisamente, en homenaxe a Alexandre Bóveda e a todos os represaliados. Non se pode honrar e admirar a obra mentres se despreza e vota en contra do motivo polo cal foi creada".
Amalia Bóvedra incide neste aspecto: "Todos os gobernos da administración promotora evitaron deliberadamente levar este asunto ao pleno dende o ano 2014 para o seu debate e aprobación, actuando sempre de xeito partidista e fuxindo do control democrático que un fito desta relevancia merece. Amalia Bóveda considera intolerable o branqueamento político daqueles que hoxe autoproclámanse “galeguistas” mentres defenden pactos e acordos con partidos de extrema dereita. É unha ofensa directa á memoria de quen deu a vida pola liberdade e a democracia en Galicia que se pretenda inaugurar un cadro contra o fascismo coa man tendida aos herdeiros ideolóxicos e valedores da ditadura"
Sobre este tipo de alianzas, Amalia Bóvede dice: "O galeguismo é por natureza e coherencia o contrario ao apoio na extrema dereita, sen ningún tipo de xustificación, máxime co ocorrido neste país. O anterior Presidente da Xunta xa compareceu ante o cadro cun descurso e unhas desculpas que, ao tenor do presente, foron mero tacticismo e faltaron á verdade. Agora o actual chámalle “sentidiño” á carencia do mesmo, inventando o “fascismo de esquerdas” diante nosa pra poder situarse nunha falsa equidistancia “ . "Non se pode estar coa Memoria obrando en contra dos Dereitos Humanos e viceversa -insiste Bóvedra- Xa está ben de dicir unha cousa e practicar politicamente outra. A memoria maila lección de meu pai e de Castelao, xunto co legado do galeguismo exiliado e asasinado non son mercadoría electoral nin un decorado para o cinismo político. Non podo acompañar a quen, cos seus votos, actos e pactos diarios, nega a realidade histórica e institucional do que ese cadro representa. Esiximos coherencia: non se pode soster o pincel do mestre coa man esquerda mentres coa dereita se borra e apaga a nosa memoria e os Dereitos Humanos”, declara Amalia Bóveda.