Saltar ao contido principal

Convocatoria rolda prensa SOS Sanidade 1 xuño

 


image.png

Mandamos a información da Rolda de Prensa convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia. Será o luns, ás 11 h. no Centro Socio Cultural de Fontiñas. Informaremos das Cocentracións que se producirán en toda Galicia. 
En Compostela será ás 11 horas, no Ambulatorio Concepción Arenal. 
O motivo: as Listas de Agarda insoportables que padecemos, tanto en Atención Primaria como en Hospitalaria por culpa da política sanitaria do PP en Galicia. Difunde e participa!

CONVOCATORIA DE ROLDA DE PRENSA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PUBLICA DE GALICIA SOBRE AS IMPRESENTABLES LISTAS DE AGARDA NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA, POR CULPA DA POLÍTICA SANITARIA DO PP.

O vindeiro luns, día 1 de xuño, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia celebra unha Rolda de Prensa para informar das concentracións convocadas pola Plataformas de cada localidade, diante dos Hospitais e Centros de Saúde, para protestar pola situación das lista de agarda na Sanidade Pública Galega e as medidas necesarias para afrontalas.  

As listas de agarda son uns dos principais problemas que afectan a saúde da poboación galega e contribúen activamente ao seu deterioro e privatización.

A Rolda celebrarase no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago (Rúa Berlín 13 de Santiago) as 11 da maña. Asistirán representantes das Plataformas e Organizacións que integran a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.

Adxuntamos tamén, as peticións da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela.

Manuel Martin Garcia. Voceiro

image.png