Saltar ao contido principal

Pontedeume inaugura coa fuxida do Bou Ramón no 1939 o Mes da Memoria



Está aberta a inscrición para a visita guiada á exposición o día 15

06 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Aodisea de 27 homes de Ferrolterra que fuxiron da vila de Ares o 21 de xullo de 1939, escapando das farpas de Franco, para acabar no porto francés de La Rochelle tras pasar por múltiples peripecias cóntase na exposición A fuxida do Bou Ramón, que se inaugura este luns, ás seis da tarde, na Casa da Cultura de Pontedeume. Proxectarase un documental antes de abrir a mostra, que se poderá ver ata o 15 de abril. Ese día, na clausura, haberá unha visita guiada ás seis da tarde. As inscricións para sumarse a este percorrido final pódense formalizar no correo culturapontedeume@yahoo.es ou chamando ao número de teléfono 981 433 039.

Esta historia é a primeira das programadas dentro do Mes da Memoria de Pontedeume, impulsado polo Concello e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. O 14 de abril, día no que se conmemora o 95 aniversario da proclamación da Segunda República, realizarase unha ofrenda floral en homenaxe aos represaliados polo franquismo, ás sete da tarde no cemiterio vello desta localidade.

Ao día seguinte, o 15, terá lugar a presentación do libro Rotspanier, de Juan Galán, unha obra editada por Galaxia na que o autor relata a peripecia vital de Joaquín Fernández Millán, mariñeiro da Pobra do Caramiñal emigrado ao País Vasco na década de 1920, que loitou como miliciano no exército de Euskadi e que, «como tantos outros españois, a comezos de febreiro de 1939 cruzou os Pirineos para exiliiarse en Francia, onde sería internado en campos de concentración durante a Segunda Guerra Mundial».

O pazo de Piñeiro

A última cita será o 30 de abril, ás sete da tarde, coa presentación do libro Pazo de Piñeiro, de varios autores. Repasa a historia desta edificación de Caamouco (Ares).