Desde o *Movemento Global para Gaza – Galiza*, como delegación propia na *Asemblea Internacional da Flotilla Sumud Global,* queremos compartir convosco unha chamada histórica: o lanzamento da maior intervención civil coordinada en apoio ao pobo palestino realizada até o de agora.
O 12 de abril de 2026 partirán de maneira simultánea unha flotilla marítima unificada e un convoi humanitario terrestre desde distintos portos do Mediterráneo e países do Norte de África, coa finalidade de chegar a Gaza, romper o bloqueo ilegal e garantir axuda vital á poboación civil. Esta acción reunirá persoas de máis de 100 países, cunha participación estimada de preto de 3.000 persoas, conformando unha intervención internacional coordinada, pacífica e non violenta.
https://chuffed.org/fundraiser/gmtg-galiza-acudge
|||||||
| lun, 30 mar, 8:24 (hace 3 días) | |||
Flotilla Sumud Global”
Desde Global Sumud Galiza, como delegación propia na Asemblea
Internacional da Flotilla Sumud Global, queremos confirmar que o próximo
12 de abril de 2026 a nosa frota partirá de Barcelona, en coordinación
con outros portos do Mediterráneo e cun convoi terrestre polo Norte de
África.
Esta acción reunirá persoas de máis de cen países nunha intervención
internacional coordinada, pacífica e non violenta. Non se trata dun
xesto simbólico nin dunha resposta puntual, senón dunha presenza civil
sostida no tempo. A misión, planificada en colaboración directa con
organizacións palestinas, busca non só facer chegar axuda humanitaria,
senón tamén establecer grupos de traballo no territorio que contribúan á
protección da poboación civil e ao inicio da reconstrución dos sistemas
básicos de saúde e educación. Coa flotilla viaxaran máis de 1.000
profesionais da saúde, así como persoal docente, de enxeñaría civil,
bioconstrución e reconstrución comunitaria, e equipos de investigación e
observación legal que poidan documentar vulneracións do Dereito
Internacional.
Queremos que esta flotilla sexa tamén un amplificador das voces
palestinas e un impulso para a mobilización social global.
Esta mobilización global é imprescindible para Palestina e para o éxito
da flotilla polo que chamamos a todas as organizacións sociais,
sindicais, culturais, feministas, estudantís,ecoloxistas, veciñais e
políticas a sumarse a esta mobilización. A súa adhesión é imprescindible
para transformar a solidariedade en forza colectiva, para que a nosa voz
resoe con máis intensidade e para demostrar que Palestina non está soa
Por todo isto, chamamos a toda a sociedade galega e internacional a
responder con accións de apoio e mobilizacións. Tamén pedimos a vosa
atención e denuncia pública inmediata se a flotilla sofre sabotaxes,
bloqueos portuarios ou interceptación no mar. As primeiras 24 horas
serán decisivas para rachar o silencio e o illamento que pretenden
impor. Se atacan á flotilla, atoparán unha Onda de Resistencia Global,
inmediata, organizada e visíbel.
Porque Palestina non está soa. Porque a súa loita é tamén a nosa.
O 12 de abril, todas ás rúas!
Un saúdo solidario
Global Sumud Galiza
(COMPARTIMOS ENLACE CON DISTINTOS MATERIAIS PARA FACILITAR AS
MOBILIZACIÓNS. Neste enlace iremos subindo un cartaz editable, a
proposta de manifesto, exemplos de notas de prensa e todo aquelo que
pensemos sexa útil para facilitar a mobilización)
https://cryptpad.fr/drive/#/2/
(CREMOS IMPORTANTE QUE NOS COMUNIQUEDES A HORA É LUGAR ONDE IDES A
CONVOCAR PARA CONFECCIONAR UN CARTAZ GALEGO CON TODAS AS LOCALIDADES)