
MANUEL FERNÁNDEZ ARIAS, do acoirazado “España”. O martes 28, ás 12,15 h nos Xulgados de Ferrol terá lugar a Vista Xudicial do Expediente de Xurisdición Voluntaria, promovido pola súa familia – netas, netos, bisnetos - a través da Fiscala Delegada Provincial de Memoria Democrática e Dereitos Humanos, para anular a condena a morte de Manuel Fernández Arias, Cabo de Marinería no acoirazado “España”, que pola súa fidelidade ao gobernó republicano, legalmente constituido, foi detido ao producirse o golpe militar de xullo de 1936, no buque-prisión “Plus Ultra” e na Escollera, sentenciado a morte en Consello de Guerra e fusilado, con outros 33 compañeiros, a noite do 26 de Decembro de 1936 no Cemiterio de O Val, Narón, onde foi enterrado nunha fosa común que está pendente de exhumación. Manuel, e 29 anos, xogaba no Arsenal C.F., levaba 6 casado con Josefa Perla Rivera e tiñan unha filla: María Josefa. A vista é pública,estaremos a A.C. Memoria Histórica Democrática e quen queira acompañarnos, dando apoio á familia.