O pasado venres, a nosa A.C. Memoria Histórica Democrática, acudíu unha vez máis ante a Fiscala Delegada Provincial de Dereitos Humanos e Memoria Democrática, ainda que esta era unha ocasión algo especial. Acompañabamos ao noso Presidente, Manuel Agustín Fernández Pita, á súa irmá María del Carmen e ao seu curmán Manuel Rodríguez Fernández que presentaban, ante a Fiscala María Encarnación Mayán, a demanda de recoñecemento - como vítimas da ditadura - para o seu pai e tío Manuel Jesús Fernández Mourente (no 50º aniversario do seu falecemento) e todos eles tamén para o seu tío Antonio Manuel Fernández Mourente.
Foi unha xornada longa, repleta de emocións e lembranzas durante tantos anos conservadas, co desexo de que tanta dor e sacrificio non quede en balde e coñézase sempre que foi motivado porque estas persoas desexaban un mundo mellor para todas e todos. Que o recordo permaneza e que así sexa.
Dous irmáns, ferroláns da rúa María, dunha familia política e sindicalmente comprometida, como a súa nai Celia Mourente, encarcerada en Ferrol e A Coruña, con outras mulleres, como ela, do PSOE e da Agrupación Feminina Socialista e como o seu pai Manuel Fernández, empregado municipal despedido tras o golpe militar de 1936
ANTONIO MANUEL FERNÁNDEZ MOURENTE
Naceu en 1917. Desde moi novo empregado de pómpas fúnebres no Concello de Ferrol. Militou nas Juventudes Socialistas e a UGT, sufrindo varias detencións e encarceramento entre 1934 e 1936, no Cárcere do Partido, Baluarte de Artillería, A Escollera e Castelo de San Felipe, todo iso por levar unha insignia das Juventudes, durante a súa ilegalización, por facer pintadas de amnistía ou por repartir propaganda política.
Detido en xullo de 1936 e decretada a súa liberdade, foi sacado da Escollera pola Garda Civil e paseado e enterrado en fosa común, no Cemiterio de Canido, o 19 de agosto, aos 19 anos.
MANUEL JESÚS FERNÁNDEZ MOURENTE
Nacido en 1932, casou xoven con María del Carmen Pita Santiago, cuxo pai, mariño republicano, morreu ao ser bombardeado o seu barco pola aviación italiana.
Tiveron tres fillos: Manuel Agustin, María José, que faleceu de meses e María del Carmen.
Manuel, traballou brevemente na minería asturiana e a finais dos anos 50 entrou como electricista en Obras Civiles, empresa dependente de BAZÁN. Desde a segunda metade dos 60 militou moi activamente no clandestinas CCOO, tamén no Partido Comunista, e foi elixido Enlace Sindical. A súa loita para impedir o pretendido peche, polo Goberno, desta compañía e o despedimento do seu persoal, así como pola defensa dos traballadores e das súas condicións laboráis, foi totalmente recoñecida polos seus compañeiros, de quen recibiu grandes mostras de agarimo, aprecio e respecto, en vida e tras o seu falecemento. O persoal logrou tras estas loitas – loitas dunha clase obreira organizada e de persoas comprometidas como Manuel - colocarse na Empresa principal ou xubilarse en boas condicións. Manuel foi represaliado e desterrado á factoría de Cartaxena, cuestión que non aceptou e quedou despedido.
Ao figurar nas “listas negras” foi expulsado de sucesivas empresas, tendo que traballar precariamente pola súa conta. Sufriu varias detencións policiais pola súa actividade política e sindical e, tras os sucesos do Dez de Marzo de 1972, foi torturado en Comisaría e ingresado varios meses, por falta de pago de multa gobernativa, no Cárcere da Coruña. Faleceu en 1976, aos 43 anos, dun derrame cerebral, como consecuencia dos golpes recibidos na Comisaría de San Amaro de Ferrol.
Manolo Mourente, futbolista juvenil, “Zarrita”, tivo unha vida vinculada ao Rácing de Ferrol, que lle concedeu a súa insignia de oro en 1975. Colaborador en prensa sobre temas laborais e asiduo dunha das entidades progresistas no final da Ditadura, o Centro Social de Santa Mariña.
Sempre no noso recordo os que loitan por un mundo máis xusto e democrático.
Ferrol, 12.04.2026.

en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol
en Instagram: @MHD_Ferrol